[baiona.org] [Concello de Baiona]

Para disfrutar




Toda a xente tende a definir o seu lugar de nacemento como algo sen igual no mundo. E hai lugares espléndidos e resplandecentes en todo o planeta, de seguro moito máis degoirados ca este. Pero todo depende daquilo que un busque. Nestas páxinas amosámosvos esta Vila situada á beira do mar, característica que lle valeu para ser coñecida en todo o mundo, anque enmarcada tamén nun espacio rural, ese campo galego cheno de sosego e xerador de lendas. Probade a coñecela nestas páxinas e logo cada un decidirá se paga a pena vir. Quizais poderades dicir logo que si, que é un lugar magnífico para pasar uns días.