Cursos preparatorios para as probas dos niveis de Celga 2, Celga 3 e Celga 4
11/01/2010 TRABALLO.-
A Concellería de Traballo do Concello de Baiona convoca en colaboración ca Secretaría Xeral de Política lingüística da Xunta de Galicia os Cursos preparatorios para as probas dos niveis de Celga 2, Celga 3 e Celga 4
Condicións particulares para a celebración dos Cursos.
- So desenvolveranse aquel ou aqueles Cursos que conten cun mínimo de 25 persoas preinscritas para participar nos mesmos.
- Os cursos serán TOTALMENTE GRATUITOS
- A duración dos Cursos será de 75 horas de carga lectiva, distribuídas en sesións de dúas horas e media cada día, nun principio como horario orientativo establécese de Luns a Venres e de 19.30 a 21.30 horas.
- Os cursos se impartirán a partires do mes de Abril de 2010
- Niveis de competencia que se obterán
A.- Certificado de lingua galega 2 (Celga 2): acredita unha competencia no uso da lingua suficiente para intervir nun conxunto variado de situacións de comunicación con relativa seguridade e eficacia. Correspóndese co nivel B1 do MCERL e 2 de ALTE.
B. Certificado de lingua galega 3 (Celga 3): acredita unha competencia no uso da lingua que permite empregala cun grao importante de corrección normativa sobre temas diversos. Correspóndese co nivel B2 do MCERL e 3 de ALTE.
C. Certificado de coñecemento da lingua galega 4 (Celga 4): acredita unha competencia no uso da lingua suficiente para expresarse con fluidez e espontaneidade na maior parte das situacións comunicativas. Correspóndese co nivel C1 do MCERL e 4 de ALTE.
- INFORMACIÓN E INSTANCIAS
Excmo Concello de Baiona.
Concellería de Traballo
AEDL Concello
Tfno 986 38 50 48 e-mail: tecnicodeemprego@baiona.org
Fax 986 35 74 74
As instancia para participar nos tres Cursos atópase no Rexistro Xeral do Concello
Más...
 |
© 1999-2009 Ayuntamiento de Baiona □ Aviso legal □ Arriba Lorenzo de la Carrera, 17 - 36300 BAIONA Tel. +34 986 385050 |
Esta página web está subvencionada. |
  |
|