[baiona.org] [Ayuntamiento de Baiona]

El municipio
El ayuntamiento
Servicios municipales
Atención al Ciudadano
Trámites administrativos
Perfil del contratante
Subvenciones y ayudas
Oferta de empleo público
Rexistro Municipal
de Asociacións
Actas y acuerdos
Ordenanzas, tasas
y precios públicos
Contacte co el SAC
El turismo
Los negocios
Otras webs


Noticia 100680

Fin de xira en Baiona de “Os soños de Walla”

27/01/2010
IGUALDADE DE XÉNERO.-

Este sábado 30 de xaneiro de 2010, ás 20:00 pm, no Auditorio Municipal V Centenario, terá lugar a derradeira representación da obra teatral “Os soños de Walla”, de Julio Fernández. A entrada será libre e gratuita.

A obra resulta dun programa de colaboración entre a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e conta con financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia. Con este programa, a ESAD e a asociación municipalista pretenden promover a utilización do teatro como ferramenta de sensibilización cidadá en relación aos desequilibrios globais, as súas causas e as súas consecuencias. Falamos dun programa de voluntariado teatral, onde un grupo de máis de 30 persoas colabora de modo desinteresado co fin de ofrecer un espectáculo reflexivo á comunidade galega.

“Os soños de Walla” aborda a historia dunha adolescente con muletas empeñada en ir á escola. Pero ten un impedimento: a escola máis próxima está a varios kilómetros da aldea e Walla ten que usar muletas para andar. A súa loita pola aprendizaxe estenderase ao resto da comunidade, que está a piques de sufrir importantes cambios polo seu contacto coa modernidade. Walla terá que vencer os seus prexuízos e as discriminacións que aínda perviven na súa aldea. Non só para dar vida ao seu soño, senón tamén para xerar ilusión ao seu redor.

A xira levou e levará a obra a outros nove Concellos socios do Fondo Galego:

  • VIGO (venres 13 de novembro, Auditorio Caixanova)
  • SARRIA (sábado 21 de novembro, Casa da Cultura)
  • ALLARIZ (venres 27 de novembro, Casa da Cultura)
  • VIVEIRO (sábado 12 de decembro, Auditorio Municipal)
  • O BARCO DE VALDEORRAS (sábado 19 de decembro, Casa da Cultura)
  • RIBEIRA (venres 15 de xaneiro, Auditorio Municipal)
  • OLEIROS (sábado 16 de xaneiro, Auditorio Gabriel García Márquez)
  • OUTES (sábado 23 de xaneiro, Casa da Cultura)
  • BAIONA (sábado 30 de xaneiro, Auditorio Municipal V Centenario)

Para ver as fotos, os comentarios, os vídeos, ou para saber máis do programa teaTracción pode consultar: Teatraccion

O FONDO GALEGO

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación de carácter municipalista que actualmente engloba a 97 Concellos e ás 4 Deputacións de Galicia. Foi fundado en 1997 como un foro a través do que consensuar e concentrar os esforzos dos poderes locais galegos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Trátase deste modo de garantir unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos ambiciosos que teñan un verdadeiro impacto nos países do sur e facilitar unha maior sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional.

Dende a súa fundación, a asociación ten desenvolvido 120 proxectos en máis de 20 países, e organizado e editado multitude de actividades e materiais en relación aos desequilibrios existentes entre os países do norte e do sur. Ten garantido a presenza da solidariedade do pobo galego nas catástrofes que afectan a aqueles países do mundo con menor capacidade para as enfrontar, con proxectos de reconstrución (como os casos de Sri Lanka, despois do maremoto de 2004, Cuba, despois dos furacáns de 2008 ou Gaza, despois dos bombardeamentos israelitas entre finais de 2008 e principios de 2009).



Más...