[baiona.org] [Ayuntamiento de Baiona]

Carreira pedestre popular Andar e correr

CLASIFICACIÓNS 2009

16 agosto ::::: 10h
¡Con mais de 60 trofeos,
CAMISETAS E UNHA NOITE GRATIS NO PARADOR DE BAIONA
PARA OS GAÑADORES ABSOLUTOS!




Horario de Saídas

  • 10.00 h. Benxamín masculino
  • 10.15 h. Benxamín feminino
  • 10.30 h. Alevín masculino
  • 10.45 h. Pre-benxamín masculino
  • 11.00 h. Pre-benxamín feminino
  • 11.15 h. Chupetes masculino
  • 11.20 h. Chupetes feminino
  • 11.30 h. Adultos
  • 11.30 h. Alevín feminino


Categorías Carreira Pedestre (10 Km)

(I) Infantil-Cadete: 13-16 anos. Nados 96-93
(J) Junior: 17-19 anos. Nados 92-90
(SA) Senior A: 20-30 anos. Nados 89-79
(SB) Senior B: 31-40 anos. Nados 78-69
(VA) Veterano A: 41-50 anos. Nados 68-59
(VA) Veterano B: 51-60 anos. Nados 58-49
(VB) Veterano C: + de 61 anos. Nados 48 e antes

Categorías Circuito da Palma

Chupetes: 3-4 anos. Nados 06-05 > 80 m
(P) Pre-Benxamíns: 5-6 anos. Nados 04-03 > 400 m
(B) Benxamíns: 7-9 anos. Nados 02-00 > 750 m (1 volta)
(A) Alevins: 10-12 anos. Nados 99-97 > 1.500 m (2 voltas)

Regulamento Xeral

  1. Inscríbete xa no 986 687 067, por fax no 986 358 078 ou por e-mail en deportes@baiona.org (non o deixes para o final e comproba ben que os teus datos sexan correctos). O prazo de inscrición remata o sábado 15 de agosto. O día da carreira NON SE FARÁN INSCRICIÓNS. Podes recolle-lo teu dorsal CALQUERA DÍA ANTES DA PROBA na Oficina de Turismo (Paseo da Ribeira) de 10 a 20 h. O DÍA DA PROBA, ATA UNHA HORA ANTES DO COMEZO, ENTREGARÁNSE DORSAIS SÓ ÓS PARTICIPANTES QUE VEÑAN DE LONXE. Cada participante recibirá un único dorsal (non se pode mollar porque non se duplica) que deberá colocar no peito, co código de barras cara adiante, durante a proba e na chegada a meta, onde será presentado xunto cos xustificantes dos diferentes controis.
  2. As probas darán comezo ás 10 h. do domingo 16 de agosto de 2009. A saída e a chegada estarán no Parque da Palma.
  3. A Organización porá ó longo do percorrido os controis que estime oportunos e que permitirán a descalificación inmediata de quen cometa algunha irregularidade.
  4. Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a súa decisión inapelable.
  5. A clasificación será absoluta e por categorías: premiarase ós primeiros clasificados das diferentes categorías (homes e mulleres). Serán vencedores absolutos os primeiros home e muller en atravesa-la liña de meta. Os vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o da súa categoría ó clasificado en segundo lugar. Tamén recibirán un trofeo os primeiros baioneses clasificados (home e muller) que non estén comprometidos polo arriba exposto. Para optar ó trofeo de primeiro/a baionés/a é obrigatorio estar empadroado no Concello dende xaneiro do ano en curso.
  6. O control da carreira estará activo ata unha hora despois da chegada do primeiro corredor.
  7. A Comisión organizadora non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan recibi-los participantes na carreira, ainda que en todo momento verán polo seu normal desenvolvemento cun servicio especial de ambulancias.
  8. Dado o carácter popular da proba o Comité organizador espera de tódolos participantes o máis alto espíritu deportivo posible

Cadro de Honra

Gañadores absolutos das pasadas edicións

  • 1983: Lourdes Comesaña (Baiona) e Carlos Landín (Pontevedra)
  • 1984: Mª Manuela Dias (Portugal) e Estanislao Durán (Moaña)
  • 1987: Carmen Torres (Vigo) e Alejandro Gómez (Vigo)
  • 1988: Carmen Torres (Vigo) e Daniel Latorre (Vigo)
  • 1989: Beatriz Reimóndez (Vigo) e Manuel Hernández (Zaragoza)
  • 1990: Rocío Vicente (A Guarda) e Óscar Fernández (Vigo)
  • 1991: Alcira Lario (Portugal) e J. Carlos Adán (Vigo)
  • 1992: Paula Hernández (Vigo) e Luis A. Martínez (O Rosal)
  • 1993: Raquel Carabelos (A Guarda) e Serafín Portela (A Guarda)
  • 1994: Raquel Carabelos (A Guarda) e Ricardo Castaño (Lugo)
  • 1995: Alcira Lario (Portugal) e Luis A. Martínez (O Rosal)
  • 1996: Vanesa Veiga (Gondomar) e Jose Calvar (Cangas)
  • 1997: Mª Jesús Gestido (Cangas) e Miguel A. Nieto (Vigo)
  • 1998: Mª Jesús Gestido (Cangas) e Rafael Fuentes (Gimt. de Pontevedra)
  • 1999: Alcira Lario (Portugal) e J. Carlos Adán (Vigo)
  • 2000: Teresa González (O Porriño) e Daniel Latorre (Vigo)
  • 2001: Mª Jesús Gestido (Cangas) e Luis A. Martínez (O Rosal)
  • 2002: Serafina Peroira (O Porriño) e Roberto C. Carro Vázquez (A Coruña)
  • 2003: Teresa González Núñez (Vigo) e Elías Domínguez Núñez (Vigo)
  • 2004: Elena Naveiro (O Grove) e Rafael Fuentes (Pontevedra)
  • 2005: Leticia Fernández (S.M. de Oia) e José Luis Capitán (Madrid)
  • 2006: Recuerdos Arroyo (Madrid) e Luis Sá (Portugal)
  • 2007: Leticia Fernández Barbosa (Tui) e Javier Gómez Noya (Ferrol)
  • 2008: Solange Andreia Pereira (Cangas)-Carlos Adán Arias (Vigo)


INFO E INSCRICIÓNS

Pavillón de Deportes T 986 356 558 www.baiona.org deportes@baiona.org

BASES E DORSAIS

Oficina de Turismo (10 h.- 20 h.) T 986 687 067