| Qué saber |
|
| Baiona parroquia a parroquia |
|
| Historia |
|
| Organización política |
|
| Saúda do Alcalde |
|
| Pleno da Corporación |
|
| Alumeado |
|
| Benestar Social |
|
| Comercio e Pesca |
|
| Cultura |
|
Deportes e Actividades Marítimas |
|
| Educación |
|
| Facenda |
|
| Igualdade de Xénero |
|
| Medio Ambiente |
|
| Medio Rural |
|
| Participación Cidadán |
|
| Persoal |
|
| Relacións cos Pobos Irmás |
|
| Seguridade Cidadán |
|
| Traballo |
|
| Turismo |
|
| Vías e Obras |
|
| Xuventude |
|
| Trámites administrativos |
|
| Perfil do contratante |
|
| Subvencións e axudas |
|
| Oferta de emprego público |
|
Rexistro Municipal de Asociacións |
|
| Actas e acordos |
|
Ordenanzas, taxas e prezos públicos |
|
| Contacte co SAC |
|
| O que non debedes perder |
|
| Museo da carabela Pinta |
|
Festa medieval da Arribada |
|
| Arquitectura e monumentos |
|
| Fortaleza de Monterreal |
|
| Virxen da Rocha |
|
| Praias |
|
| Porto e paseo marítimo |
|
| Itinerarios |
|
| Gastronomía |
|
| Aloxamento |
|
| Espazos virtuais |
|
Asociación de comerciantes e empresarios de Baiona |
|
| Guías de compra |
|
| Centro Comercial Aberto |
|
| Novas de ACEBA |
|
| Deporte Municipal |
|
| Concellería da Igualdade de Xénero |
|
| Organismo Autónomo Local «Turismo de Baiona» |
|
| Festa da Arribada 2009 |
|
|
Cántas veces nos ocorreu, consultando una guía turística, que una fotografía, ese instante da vida que quedou detido para sempre, xerou en nós interese e que ese interese non puido ser totalmente compracido.
Para que poidades observar Baiona do modo en que só a capacidade de percepción humana permitiría facelo, tomamos varias perspectivas circulares dalgúns dos mellores lugares que nesta vila se poden visitar. Despois de observar estas vistas de 360 graos -captadas na fortaleza de Monterreal, entre os peiraos dun dos clubs de iates máis prezados do mundo, xunto ós acantilados ou en impoñentes atalaias, desde as que todo semella próximo ás nosas mans- e de sentir estas paisaxes coma se estivesedes aquí, poderás presumir de coñecer Baiona, incluso sen que nunca viñeses.
|
|
|
Carabela Pinta
Nun dos peiraos do porto está atracada unha réplica da carabela Pinta, coa que Pinzón chegou a este porto en 1493 anunciando o descubrimento de América. No seu interior alberga un pequeno museo colombino, que reúne útiles de navegación da época e reproducións de alimentos, xoias, plantas e animais que trouxo a tripulación do novo continente.
|
|
|
|
Club de iates
Fundado en 1964, está situado no recinto da fortaleza, na chamada Batería do Cangrexo (século XIV), baixo a torre das Tenaces. Forma parte da elite mundial dos clubs de iates. Organizou a regata do Descubrimento en 1972, varios campionatos do mundo de vela e polo de agora é o único club español que participou na prestixiosa Copa América.
|
|
|
|
Parador de Turismo
O parador de turismo está situado dentro da fortaleza de Monterreal (s. XIV). A súa arquitectura inspírase na dos pazos galegos aínda que tamén conserva partes do antigo edificio feudal. Ese nobre pasado está tamén evocado no seu interior, onde se combinan refinados tapices, armaduras, lámpadas de araña ou antigos reloxos. Ocupa unha superficie de 180.000 m2 e é unha das xoias da rede de paradores españois.
|
|
|
|
Paseo marítimo
A conexión dos paseos Elduayen e Alférez Barreiro forma a parte principal do paseo marítimo, unha longa e concorrida avenida comercial con brancos edificios de galerías acristaladas e anchas beirarrúas asomadas ó mar. O paseo marítimo chega ata A Ramallosa, completándose así una avenida paralela ó litoral urbano de más de seis quilómetros.
|
|
|
|
Baía de Baiona
Baiona era o lugar de entrada para as mariñas inimigas que asolaban o sur de Galicia e na península de Santa Marta fondeaban para tentar tomaren o cobizado baluarte de Monterreal. Hoxe é una tranquila enseada onde desemboca pola praia da Ladeira o río Miñor, que forma antes, ata a ponte romana da Ramallosa, un fermoso estuario no que voan garzas e anátidas.
|
|
|
|
Monumento Encontro entre dous mundos
Foi inaugurada polo príncipe Felipe o día en que se conmemoraba o V Centenario da arribada. Nesta escultura (de 9 metros de ancho e 4,5 de alto), obra de Magín Picallo, están representados Galicia, América, a emigración e o retorno, colocados arredor dunha gran bóla do mundo que contén mostras de terra dos 22 países iberoamericanos.
|
|
|
|
Zona comercial
No bulevar marítimo e as rúas adxacentes congrégase a maioría de comercios da vila: modernas boutiques, tendas de artesanía, hoteis, restaurantes e terrazas ó bordo do mar. Durante a época de vacacións convértese nunha área especialmente buliciosa e alegre, ó que contribúe a súa situación, en pleno centro urbano e adxacente ó porto e a outras zonas de esparexemento.
|
Para consultar os espazos virtuais cómpre dispoñer da aplicación gratuíta Apple® QuickTime®.
 |
© 1999-2009 Concello de Baiona □ Aviso legal □ Arriba Lorenzo de la Carrera, 17 - 36300 BAIONA Tel. +34 986 385050 |
Esta páxina web está subvencionada. |
  |
|