[baiona.org] [Concello de Baiona]

Trámites administrativos

O municipio
O concello
Servizos municipais
Atención ó Cidadán
Trámites administrativos
Perfil do contratante
Subvencións e axudas
Oferta de emprego público
Rexistro Municipal
de Asociacións
Actas e acordos
Ordenanzas, taxas
e prezos públicos
Contacte co SAC
O turismo
Os negocios
Outras webs


PUNTOS DE INFORMACIÓN CATASTRAL

delegación responsable

SECRETARÍA XERAL

área tematica

VIVENDA

descripción

A necesidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral de quen non dispón dos medios informáticos e telemáticos apropiados, xustifica o establecemento dos Puntos de Información Catastral, que ofrecen ao cidadán todas as vantaxes da Oficina Virtual do Catastro sen máis condicionamento que a mera solicitude da prestación do servizo. Os servizos aos que se pode acceder desde calquera Punto de Información Catastral son os seguintes: a) Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital. b) Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos protexidos, relativo aos bens inmobles da súa titularidade. c) Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante. d) Calquera outros servizos de consulta e certificación que se implanten no futuro, nos termos da Resolución que se dite ao efecto

quén pode pedilo

Todos os veciños do termo municipal

documentación que debe aportar

• Solicitude debidamente asinada e que facilitarase no Concello. • No caso de que o solicitante actúe a través de representante, ademais: - Modelo de autorización do titular catastral O presente documento debe acompañarse da fotocopia do D.N.I. do autorizante e a súa validez limítase a devandita solicitude. - O autorizado debe acreditar a súa identidade.

documentos e formularios vinculados

facilitan máis información

Concello de Baiona
Lorenzo de la Carrera, 17, 36300 Baiona PO-ES
Tfno. +34 986 385050


LOCALIZAR UN TRÁMITE ADMINISTRATIVO
BUSCAR TRÁMITE
DELEGACIÓN