baiona.org

Web Content Display

O Concello de Baiona ten como obxectivo prioritario promover a igualdade real e efectiva da muller na sociedade contribuíndo a previr e eliminar factores que orixinen e manteñan as desigualdades.

Respondendo a estes principios, proponse este I Plan de Igualdade de Oportunidades, que durante o tempo de vixencia debe constituírse nun instrumento de consenso entre toda a cidadanía da localidade.

O papel da Administración local é fundamental, constituíndo un espazo óptimo para a acción efectiva en materia de igualdade de oportunidades porque é a administración local a que se atopa máis próxima á cidadanía, porque se coñecen mellor as necesidades da poboación e os recursos existentes e porque a súa iniciativa pódelles servir de estímulo ás actuacións doutras entidades.

O Pleno do Concello de Baiona aprobou por unanimidade de tódolos grupos políticos o día 2 de decembro do 2004 o I Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres e nace con compromiso de tódalas persoas, institucións e organismos que actúan no Concello de Baiona.

Con este plan, pretendemos sentar as bases nas que se asentará unha actuación continuada e eficaz que contribúa a promover un profundo cambio na nosa sociedade.

Jesús Vázquez Almuiña
Alcalde de Baiona

Jesús Vázquez Almuiña. Alcalde de Baiona
Firma Alcalde

A pesar de que o recoñecemento da Igualdade de Oportunidades e de trato está recollida no noso ordenamento xurídico,, a implantación real desa igualdade presenta importantes lagoas que fan necesaria a existencia de plans de igualdade entre mulleres e homes como o que agora presentamos.

O II Plan de Igualdade de oportunidades entre Mulleres e Homes de Baiona 2008-2010 xorde como una aposta dende o Concello de Baiona para a mellora da situación das mulleres e homes da nosa vila.

As distintas medidas existentes en materia de igualdade que establecen o camiño a seguir son : O Programa de Traballo Europeo 2006-2010, o Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades 2008-2011 e o V Plan do Goberno Galego para a Igualdade de Mulleres e Homes 2007-2010.

Conxuntamente a estas directrices, tivose en conta os resultados obtidos na avaliación do I Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Baiona.

Como Concelleira de Igualdade de Xénero, do Concello de Baiona, desexo que este novo instrumento nos axude a avanzar cara unha sociedade mais igualitaria , na que un novo modelo de relación entre mulleres e homes mellore a calidade de vida do conxunto da nosa sociedade.

Ángeles Silva González
Concelleira de Igualdade de Xénero

Ángeles Silva Gónzalez. Concelleira de Igualdade de Xénero