baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

O PROFESOR JOSÉ MARÍA PELÁEZ FALARÁ DO MARQUÉS DE SALAMANCA NO CICLO DE CONFERENCIAS DE BAIONA

 Este xoves, 10 de agosto, na Capitanía Marítima de Baiona (20:30 horas, entrada libre)

A Capitanía Marítima de Baiona ofrece este xoves (20:30 horas), 10 de agosto, a sexta charla do VII Ciclo de Conferencias organizado polo Concello de Baiona. Neste caso o relator será o profesor José María Peláez del Valle, escritor e profesor titular da Universidade de Vigo, para impartir a charla “Unha personaxe de novela do século XIX: el Marqués de Salamanca”.

 O VII Ciclo de Conferencias, enmarcadas na programación do BaiVerán 2017, reúne a nove catedráticos e profesores de catro universidades españolas na Capitanía Marítima (Rúa Elduayen, 20). Todas as charlas se celebran os xoves de xullo e agosto no mesmo escenario e á mesma hora (20:30 horas) con entrada libre e gratuíta.

 O escritor, enólogo e catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago, Xavier Castro Pérez, foi o encargado de abrir o ciclo o pasado día 6 de xullo coa conferencia titulada “Historia do viño en Galicia”, e Aniceto Charro, catedrático emérito da Universidade Complutense de Madrid, falou a semana pasada de “Unha triada perigosa: obesidade, diabetes e colesterol”. Ademais, o pasado 20 de xullo, Rexina Vega, profesora da Universidade de Vigo, tratou sobre o “Bilingüismo de Álvaro Cunqueiro”, e o catedrático de Física Teórica da Universidade de Santiago, exreitor e exdelegado en España do CERN de Ginebra, ofreceu o día 27 a conferencia titulada “Os tres primeiros minutos do Universo”

 Xa no mes de agosto, o xoves día 3 o profesor Antonio Piñero, catedrático emérito de Filoloxía Grega da Complutense, impartiu a charla “Manuscritos do Mar Muerto, Gnosis e Cristianismo Primitivo”. Ademais da que se celebra este xoves, as vindeiras conferencias serán o día 17, cando abordarase o tema “A reforma da Constitución” da man do profesor Francisco Bastida, catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Oviedo; o  día 24 estará na Capitanía o musicólogo Manuel López-Benito para falar de “¿Por que a sinfonía Heroica de Beethoven cambiou o mundo sinfónico? Audición e análise”, e o día 31 pecharase o ciclo coa conferencia de Fernando Bartolomé Benito, catedrático de Literatura Española, con “O ano do Conde Diego Sarmiento, Conde de Gondomar no seu IV Centenario (1617-2017)”.

Portal de transparencia


Cidadania



Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar