baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

40 EQUIPOS DISPUTARÁN O XVI TORNEO DE PALAS PRAIA NA RIBEIRA DE BAIONA

 O Gran Premo Vila de Baiona Villarosa-La Caixa ten abertas as inscricións para os torneos de Pesca Infantil e Basket 3x3

Os torneos de verán Vila de Baiona “Gran Premio Villarosa-La Caixa” continúan este sábado, 10 de agosto, na praia da Ribeira co 40 equipos xogando polo título de Palas-Praia. Un total de 80 deportistas, divididos en oito grupos de cinco equipos, están inscritos para participar no segundo dos catro torneos que organiza o Concello de Baiona durante os meses de xullo e agosto.

O XVI Torneo de Palas-Praia 2x2 organizarase en tres pistas e  comezará as 10.00 horas do vindeiro sábado. Os equipos deberán presentarse en función ao seu calendario polo menos 30 minutos antes do comezo dos partidos, xogándose de mañá os partidos de grupo e pola tarde os cadros eliminatorios. Pasarán á seguinte fase os dous mellores de cada grupo para xogar a fase final do torneo e os terceiros e cuartos de cada grupo irán ao cadro de consolación

Ao longo do mes de agosto, o Concello de Baiona organiza outros dous torneos de verán. As inscricións permanecen abertas e poden formalizarse no Pavillón Municipal, a través do e-mail deportes@baiona.org ou no teléfono 986.356.558.

A seguinte competición dos torneos de verán Vila de Baiona “Gran Premio Villarosa-La Caixa” será o XV Concurso Infantil de Pesca “Concello de Baiona”, o 18 de agosto no Porto Pesqueiro, e por último, os vindeiros 25 e 26 de agosto celebrarase o XXII Basket 3x3 no parque da Palma para as categorías mixtas Sub-12, Adultos, Veteranos e Especial.

Todas as actividades están organizadas polas concellerías de Deportes e Actividades Marítimas de Baiona

Portal de transparencia


Cidadania



Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar