baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

BAIONA REINAUGURA A PRAZA DA PERCIBILLEIRA TRAS OS TRABALLOS DE HUMANIZACIÓN

 O Concello reordenou a zona, levou a cabo traballos de limpeza e  instalou unha pérgola e xardineiras

Tamén se instalarán bandas redutoras de velocidade na contorna a petición dos veciños

A praza do barrio da Percibilleira luce unha nova imaxe despois dos traballos de humanización levados a cabo polo Concello de Baiona durante os últimos días. Esta mesma semana a zona foi reinaugurada coas novas melloras que foran solicitadas polos veciños.

Operarios municipais procederon á limpeza de toda a praza e recolocaron os colectores, ademais de instalar unha nova pérgola, bancadas de madeira, unha mesa de pedra e zonas verdes en toda a zona. Os traballos foron levados a cabo por parte das concellerías de Vías e Obras e Medio Ambiente.

O Concello de Baiona atendeu así á petición popular para mellorar unha zona utilizada polos veciños como punto de encontro e reunión.

“Con esta iniciativa demostramos a sensibilidade do goberno local coas parroquias de Baiona. Trátase dunha pequena actuación, pero dunha grande importancia para os veciños. Estes traballos xa se están a levar a cabo en todo o municipio e continuaremos en todas as parroquias para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”, apuntou o alcalde, Ángel Rodal.

Bandas redutoras de velocidade

Ademais, o Concello de Baiona xa se comprometeu coa veciñanza a instalar bandas redutoras de velocidade nun treito da contorna da Percibilleira despois de que os veciños solicitaran tamén esta medida para evitar que os vehículos circulen de forma inadecuada por lugares onde existe unha importante  mobilidade de peóns.

“Os traballos de mantemento de estradas, farois, cadros eléctricos e seguridade viaria, entre moitos outros, fanse durante todo o ano e o continuaremos facendo sen esquecer actuacións puntuais como foi a de Percibilleira”, engadiu o concelleiro de Vías e Obras, José Ángel Bahamonde.

 

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar