baiona.org



  Romería de San Cosme y San Damián 2017

   Bases Reguladoras - Plano

   Solicitud Puesto de Venta (anexo I)

   Declaración Responsable (anexo II)

 

NOTICIAS

« Atrás

BAIONA RECUPERA OS DOCUMENTOS HISTÓRICOS DO HEROE MANUEL BARREIRO

Pique no seguinte ligazón para ver os documentos.: c/document_library/get_file  c/document_library/get_file

O Instituto de Historia e Cultura Aeronáutica cede imaxes do aviador baionés ferido na Guerra de Marrocos en 1913

A Casa-Museo da Navegación abrirá unha sección sobre feitos históricos protagonizados por baioneses  

Unha parte da historia do famoso aviador  Manuel Barreiro Álvarez (1880-1940, Baiona) regresará a vindeira semana á Vila. O Instituto Español de Historia e Cultura Aeronáutica comunicou ao Concello de Baiona a cesión de documentos nos que se narra o feito histórico protagonizado polo capitán de enxeñeiros en 1913 durante a Guerra de Marrocos no que resultou gravemente ferido e que supuxo a primeira Cruz Laureada de San Fernando da Aviación Española.

Unha fotografía do biplano no que aterrou no aeródromo de Sania Ramel, unha imaxe do capitán, o telegrama dirixido a superioridade dando parte do incidente e a orde do capitán Kindelán, xefe da primeira escuadrilla expedicionaria, pola que se ordena o recoñecemento do monte Cónico. Estes son os  documentos que o vindeiro mércores serán entregados ao Concello nun acto que se celebrará no auditorio da Casa-Museo da Navegación.

Con tal motivo, o museo baionés abrirá unha sección adicada a persoeiros nados na Vila. A directora da Casa da Navegación, Rosa Vilar, e a concelleira de Cultura, María Iglesias, acordaron crear unha galería na que todos os veciños “poidan coñecer feitos  históricos que protagonizaron ilustres veciños de Baiona”.

“Manuel Barreiro xa foi nomeado no ano 2013 fillo adoptivo a título póstumo e temos o deber de dar a coñecer entre os baioneses a súa historia, por iso creemos que a cesión dos documentos é o momento adecuado para abrir unha fiestra que recoñeza o seu papel e os de moitos outros protagonistas da nosa historia”, apuntou María Iglesias.

Manuel Barreiro (1880-1940)

Manuel Barreiro Álvarez naceu en Baiona o 23 de outubro de 1880, na casa que hoxe ocupa o Hotel Pinzón. Enxeñeiro militar, incorpórase en 1913 ao servizo da aeronáutica militar  e realiza o seu primeiro voo nun biplano Maurice Farman. O 6 de outubro é nomeado aviador militar de 2ª categoría sendo destinado á escuadrilla do capitán Alfredo Kindelán para participar na Guerra de Marrocos.

O 19 de novembro de 1913, xunto ao seu compañeiro, o capitán Ríos, sobrevoaban o monte Cónico para facer un voo de recoñecemento cando tiveron que descender, momento no cal recibiron varios disparos sobre o avión, sendo gravemente ferido no peito Barreiro. Os aviadores foron extraídos do aparello en estado grave. Un telegrama do Rey Alfonso XIII ascendía a ambos e uns días despois abriuse o expediente para a concesión da Cruz Laureada de San Fernando.

Foron os primeiros aviadores militares feridos en combate e recibiron a primeira Cruz Laureada de San Fernando que entregou a Aviación Española. Manuel Barreiro Álvarez, que voou só dez anos despois do primeiro voo controlado dos irmáns Wright, faleceu na súa casa natal de Baiona o 13 de xullo de 1940.

Portal de transparencia


Cidadania



Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar