baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

BAIONA APOIA AO CENTRO JUAN MARÍA PARA DAR SERVIZOS A PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DURANTE A ÉPOCA ESTIVAL

 O Concello e a Asociación Benéfico Social firman un acordo para o programa “Ocio para todos”

O Concello de Baiona e a Asociación Benéfico Social de Padres y Amigos del Val Miñor, responsable do Centro Juan María, firmaron un acordo de colaboración para desenrolar un programa de servizos a persoas con discapacidade intelectual.

Baiona apoiará cunha subvención o programa “Ocio para todos” que o Centro Juan María destina a quince usuarios dos tres concellos do Val Miñor e que se levará a cabo durante o vindeiro mes de agosto.

O alcalde, Ángel Rodal, e o presidente da Asociación Benéfico Social, José Santoro, firmaron nas dependencias municipais o acordo polo que o Concello de Baiona destina unha partida para sufragar o custe do servizo.

A Asociación Benéfico Social é un colectivo de nais, pais e titores de persoas con discapacidade intelectual que traballan dende hai máis de 30 anos para achegar aos fillos ou tutelados o benestar, a protección, educación e os apoios que necesiten para a súa inclusión social e laboral plena na contorna no que viven. Cada día, son 50 os profesionais que axudan para dar cobertura á poboación de Nigrán, Gondomar, Baiona, Vigo e Mos. O concello de Baiona amosa unha vez máis o seu compromiso cunha entidade que desenvolve unha grande labor no eido da atención á diversidade funcional.

 

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar