baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

O ALPINISTA ROBERTO LÓPEZ PECHA O CICLO DE CONFERENCIAS SOBRE SAÚDE E BENESTAR EN BAIONA

 A Casa-Museo da Navegación acollerá este venres (19:30 horas, entrada libre) a última charla

O Auditorio da Casa-Museo da Navegación acollerá este venres, 16 de xuño (19:30 horas), con entrada libre e gratuíta a derradeira charla do II Ciclo de Conferencias sobre Saúde e Benestar organizado polo Concello de Baiona.

Co título “Que debes facer para alcanzar os teus retos”, o alpinista e coach deportivo Roberto López falará de “compromiso, valentía, aventura, empatía, capacidade de sacrificio, constancia, motivación, sensibilidade... y así hasta centos de maneiras de afrontar a vida e as nosas relacións persoais. Roberto López vive a vida con paixón, a mesma que traslada ao relatar as súas experiencias, unha forma de vida, afán de superación e de compromiso para alcanzar novos retos.

Trátase da derradeira conferencia dun ciclo organizado pola Concellería de Benestar que foi aberto en xaneiro polo naturópata vigués Javier Akerman no Parador de Turismo Conde de Gondomar. En febreiro foi a nutricionista baionesa Gloria Pérez quen falou, xa no Museo da Navegación, sobre “A medicina do amor para alcanzar o benestar” e, en marzo, o enfermeiro e fisioterapeuta Moisés López charlou sobre “Exercicio e Saúde. Vinculados con sentido común”. O pasado mes de abril e co título “Reeduca os teus sentidos, consegue os teus obxectivos”, María Jesús Alfonso (coach, psicoterapeuta e experta en programación neurolingüística) presentou as estratexias para afrontar o día a día.

 

Portal de transparencia


Cidadania



Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar