baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

BAIONA CONVOCA O CERTAME DE ALFOMBRAS FLORAIS PARA O CORPUS CHRISTI 2017

 Sete tramos das rúas da Vila serán adornadas no concurso organizado polo Concello e Aceba

O Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba) pechan este venres (14:00 horas) o prazo de inscrición para o Certame de Alfombras Florais do Corpus Christi 2017 que se celebrará o vindeiro domingo, 18 de xuño. Os colectivos participantes poderán acceder a axudas de 200 euros para a elaboración de cada alfombra.

Sete tramos das rúas baionesas lucirán o vindeiro domingo as tradicionais alfombras do Corpus. Os preparativos para a súa elaboración xa comezaron e o Concello convocou o certame para fomentar a participación dos colectivos implicados na confección.

Nesta edición de 2017 establécense como zonas de execución sete rúas (Manuel Valverde, San Lorenzo, Conde, Ventura Misa, Lorenzo de la Carrera, San Xoán-Laxe e Santa Liberata) para poder elaborar un total de 14 alfombras, pero ata o momento as peticións solicitadas son para sete tramos. Ademais, tamén poderán instalarse altares na Praza das Teresinas, Praza do Cine Vello (Esquina Ventura Misa-Conde), Capela da Misericordia e atrio da Igrexa de Santa María.

Despois da recollida de flor que lévase a cabo durante esta semana, a confección comezará a partir das 22:00 horas do sábado, cando se pechará ao tráfico todas as zonas sinaladas para poder traballar toda a noite. Pódese empregar calquera elemento natural (follas, cascas, palla, serrín, café, sal, funcho, etc.), pero deberán predominar as flores naturais. Os colectivos piden colaboración aos baioneses para poder realizar o traballo con maior rapidez o sábado pola noite.

As axudas concedidas polo Concello e Aceba serán de 200 euros por alfombra (cunha dimensión de 40 metros lineais) e 50 euros por alfombra na zona dos altares (cunha dimensión de 3x3 metros lineais).

Misa Solemne e Procesión

A Misa Solemne do Corpus Christi celebrarase o domingo, 18 de xuño, na Igrexa de Santa María de Baiona e acto seguido será a Procesión polas rúas do Casco Histórico coa participación da Danza das Espadas e da Banda de Música de Baiona.

 

Portal de transparencia

 

Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar

Encuesta

Benvidos/as! Co propósito de optimizar os servizos e recursos que ofrecemos por medio do novo portal web institucional do Concello de Baiona, pedimos a súa colaboración para valorar o seu grao de satisfacción.

a. Moi satisfeito
b. Satisfeito
c. Pouco satisfeito