baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

CHARLA SOBRE A REEDUCACIÓN DOS SENTIDOS NO CICLO DE CONFERENCIAS SOBRE SAÚDE E BENESTAR EN BAIONA

 A Casa-Museo da Navegación acollerá este venres (19:30 horas) unha nova charla con acceso libre

O Auditorio da Casa-Museo da Navegación acollerá este venres (19:30 horas) unha nova charla do II Ciclo de Conferencias sobre Saúde e Benestar organizado polo Concello de Baiona.

Co título “Reeduca os teus sentidos, consegue os teus obxectivos”, María Jesús Alfonso (coach, psicoterapeuta e experta en programación neurolingüística) presentará estratexias para afrontar o día a día. A súa formación e experiencia profesional a avalan para dar a oportunidade de aprender a traballar a motivación, reflexionar sobre as emocións e a forma de percibir a través dos sentidos.

Trátase da cuarta conferencia dun ciclo que foi aberto en xaneiro polo naturópata vigués Javier Akerman no Parador de Turismo Conde de Gondomar. En febreiro foi a nutricionista baionesa Gloria Pérez quen falou, xa no Museo da Navegación, sobre “A medicina do amor para alcanzar o benestar” e, en marzo, o enfermeiro e fisioterapeuta Moisés López charlou sobre “Exercicio e Saúde. Vinculados con sentido común”.

As seguintes conferencias, todas elas no Auditorio do Museo da Navegación con entrada libre, serán o 26 de maio (Gerardo Miniño) e o 16 de xuño (Roberto López).

 

Portal de transparencia


Cidadania



Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar