baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

A OMIX DE BAIONA TRAMITA AS SOLICITUDES PARA OS CAMPAMENTOS DA XUNTA

 A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Baiona xa tramita as solicitudes para optar aos campamentos que a Xunta de Galicia organizará este verán.

A concelleira de Xuventude do Concello de Baiona, Beatriz González, informou de que a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, acaba de abrir o prazo para solicitar praza  nos Campamentos de Verán 2017, destinados a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 9 e os 17 anos.

Os campamentos desenvolveranse tanto en Galicia como fora de Galicia, e se contemplan descontos no prezo, tanto para os posuidores do Carné Xove como para as familias numerosas.

O prazo de solicitudes está aberto ata o vindeiro 2 de maio, e as solicitudes poden tramitarse na OMIX, sita no 2º andar da casa do concello, con teléfono 986 385 925

Portal de transparencia


Cidadania



Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar