baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

XORNADA SOBRE AS VIVENDAS DE USO TURÍSTICO

 o decreto que regulará as vivendas de uso turístico en galicia É o menos restritivo DO TERRITORIO NACIONAL

 §   Así o destacou a directora de Turismo de Galicia esta tarde nunha sesión informativa sobre o novo decreto polo que se establece a ordenación dos apartamentos turísticos celebrada en Baiona

§   A nova norma, que entrará en vigor o 10 de maio, é necesaria debido á proliferación da tendencia de alugar por días ou semanas a vivenda habitual

§   O obxectivo da xornada é explicar os aspectos fundamentais do novo decreto e resolver as dúbidas, preguntas e cuestións que poidan xurdir en relación co seu contido e aplicación

 

Turismo de Galicia celebrou hoxe en Baiona unha nova sesión informativa sobre o novo decreto polo que se establece a ordenación dos apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia que contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves.

 A principal novidade desta nova norma, que entrará en vigor o 10 de maio deste ano 2017, é a regulación, por primeira vez, das vivendas de uso turístico, as cales define como aquelas cedidas a terceiras persoas de xeito reiterado –dúas o máis veces ao ano- e a cambio de contraprestación económica, para unha estadía de curta duración –inferior a trinta días consecutivos- e amobladas e equipadas en condicións de inmediata dispoñibilidade.

 

Esta nova regulación é necesaria debido á proliferación da tendencia de alugar por días ou semanas a vivenda habitual, que se viu favorecida coa creación de páxinas web que ofertan este tipo de aloxamentos dun xeito rápido e sinxelo.

 

A Xunta cumpre, así, unha demanda do sector turístico, o cal manifestou en numerosas ocasións a necesidade de regular este tipo de aloxamento, debido ao seu forte impacto e á competencia desleal que supón respecto do aloxamento turístico regrado.

 

O obxectivo da xornada foi explicar os aspectos fundamentais do novo decreto e intentar resolver as dúbidas, preguntas e cuestións que poidan xurdir en relación co seu contido e aplicación.

 

Pouco restritivo

Durante a sesión, a directora de Turismo de Galicia destacou que trátase dun decreto flexible e de moi sinxela aplicación sendo o galego o menos restritivo en comparación coas outras comunidades autónomas de España.

 

De feito, os únicos requisitos que establece a nova norma é a inscrición no Rexistro de Actividades Turísticas (REAT) e que sexa unha vivenda legal e lista para habitar. Turismo de Galicia, explicou que, desta maneira, as únicas vivendas que poden quedar fóra da regulación son exclusivamente as ilegais.

Portal de transparencia

 

Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar

Encuesta

Benvidos/as! Co propósito de optimizar os servizos e recursos que ofrecemos por medio do novo portal web institucional do Concello de Baiona, pedimos a súa colaboración para valorar o seu grao de satisfacción.

a. Moi satisfeito
b. Satisfeito
c. Pouco satisfeito