baiona.org



 

 

NOTICIAS

« Atrás

A Vig- Bay Baiona repercute notablemente no sector comercial e hostaleiro de Baiona

A Media Maratón  Vig- Bay, todo un acontecemento deportivo totalmente consolidado e que convocou a numerosos deportistas acompañados das súas familias ou dos seus amigos durante o pasado domingo, repercute de forma especialmente positiva no sector comercial e hostaleiro de Baiona.

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, destaca que este evento "achegou á localidade miles de persoas que viñeron acompañar na meta aos preto de cinco mil deportistas que participaron na proba deportiva".

Baiona converteuse este domingo no destino de miles de persoas que chegaron atraídas pola carreira de fondo. A proba entrou na Vila coordinada polos responsables da Policía Local desde o posto de mando avanzado da  Axencia  Galega de  Emerxencias ( Axega), instalado no Porto Pesqueiro, e non houbo que lamentar ningún tipo de incidente.

 

“Baiona demostrou unha vez máis que sempre está á altura das circunstancias e que estamos preparados para acoller este tipo de eventos”, matizou  Rodal.

A xa tradicional carreira que se celebra entre Vigo e Baiona atraeu a miles de visitantes, tanto participantes como familiares, e os hoteis da Vila roldaron unha ocupación do 75 por cento. Tamén os dous principais aparcadoiros, os da Palma e Aral, estiveron ao completo durante o domingo e os establecementos hostaleiros, rexistraron unha gran afluencia aínda coincidindo cun importante evento como A Reconquista e a pesar da climatoloxía.

O Alcalde subliña que "o deporte se está convertendo nun evento turístico de primeira orde e eventos como este que se celebran en tempada baixa axudan a  desestacionalizar o turismo, axudan a encher os hoteis e a atraer xente ao localidade, aos comercios e aos establecementos hostaleiros durante o día que dura o evento e os previos a el; é algo que seguiremos coidando e potenciando no futuro".

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA    

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org 

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar