baiona.org



 

 

NOTICIAS

« Atrás

O Concello de Baiona centra nas parroquias a totalidade dos investimentos do Plan Concello da Deputación de Pontevedra

O Concello de Baiona investirá 1.3000.000 euros, a totalidade do montante da Liña I, dedicada a investimentos, do Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra nas parroquias do municipio. “O Concello destinará o diñeiro para realizar diferentes obras consideradas prioritarias para o goberno local”, sinala Ángel Rodal, Alcalde de Baiona.

Entre os proxectos para realizar atópase grandes investimentos que levarán a cabo en ao longo do ano nas cinco parroquias baionesas: Na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa destaca o proxecto de reforma do edificio norte de Sabarís, é dicir, remodelación e reforma do Mercado en centro multiusos de carácter cultural para crear un lugar de encontro polivalente cultural e de lecer para todos. A parroquia pasará a ter un centro cultural, xa que é a única de Baiona sen estas infraestruturas. O resto Baíña, Baredo, e Belesar conta con estas instalacións sociais executados polas súas comunidades de montes. Cúmprese así un dos compromisos que Rodal adquiriu cando accedeu á Alcaldía, xa que este proxecto figuraba entre as súas aspiracións e verao materializado en breve.  O investimento superará os 600.000 euros.

Na parroquia de Belesar, o proxecto de reurbanización e acondicionamento do acceso á igrexa de San Lorenzo ata a Praza de Antonio Taboada será a obra estrela nesta parroquia. A tal fin destinaranse preto de 170.000 euros.

As actuacións ambientais son tamén destinatarias de parte do montante dos investimentos. Baiona conta cun patrimonio etnográfico excepcional e o Concello aposta por poñelo en valor. Para iso, levará a cabo a ampliación da Senda Fluvial de Baredo, unindo a parte baixa coa zona alta da parroquia. Tamén está prevista a reforma do Paseo Fluvial de Baíña.  Ademais, poñerase en marcha a segunda fase da subministración de contedores de carga lateral. Para todos estes investimentos destinarase máis de 200.000 euros.

O resto da suma destinarase ás melloras de viarias, accesibilidade e mobilidade en cada unha das cinco parroquias do municipio.

“Estas actuacións demostran a sensibilidade que este equipo de goberno comigo á fronte temos cara ás parroquias e o rural e persoalmente creo que non se pode entender o nome de Baiona sen axuntar todo o potencial que nos achega cada unha das nosas parroquias, que coas súas sinerxias fan que nosa Real Vila de Baiona sexa aínda máis grande”, destacou Rodal.

O goberno de Baiona considera prioritario ir mellorando e dotando de proxectos ás diferentes parroquias, con este obxectivo se ha decido investir nas parroquias baionesas todo o diñeiro da liña I destinado a investimentos do Plan  Concellos.

 

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA    

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org 

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar