baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

CEN ESCOLARES PARTICIPAN ESTE DOMINGO NO VII CAMPIONATO DE NATACIÓN DO VAL MIÑOR

 A proba celébrase de 10.00 a  13.15 horas na Piscina Mancomunada do Val Miñor

Un total de 100 escolares participarán o vindeiro domingo, 23 de abril, no VII Campionato Escolar de Natación do Val Miñor 2017 que vaise celebrar na piscina Mancomunada do Val Miñor. Organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a proba celébrase dende as 10.00 ata as 13.15 horas.

As categorías participantes son Pre-Benxamín Mixto (nados en 2010-09), Benxamín Mixto (08-07), Alevín Mixto (06-05) e Infantil Mixto (04-03). As probas son de carácter mixto e realizaranse quendas clasificatorias en cada unha das probas ata obter os mellores seis tempos de todas elas, para a posteriori realizar a final en dita proba. As probas serán 25 metros croll e 25 metros costas para Prebenxamíns e Benxamíns, e 50 metros croll e 50 metros costas para Alevíns e Infantís.

A organización lembra aos participantes a importancia de acudir con tempo para estar con puntualidade na saída de cada categoría. A entrega de premios e o sorteo entre os participantes será as 13:00 horas.

 

Portal de transparencia

 

Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar

Encuesta

Benvidos/as! Co propósito de optimizar os servizos e recursos que ofrecemos por medio do novo portal web institucional do Concello de Baiona, pedimos a súa colaboración para valorar o seu grao de satisfacción.

a. Moi satisfeito
b. Satisfeito
c. Pouco satisfeito