baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

BAIONA CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS NA CASA DA NAVEGACIÓN

 Entrada gratuíta e representación sobre o Descubrimento a cargo dos escolares de Pazos de Reis

O Concello de Baiona celebrou este xoves, con motivo do Día Internacional dos Museos, unha xornada de portas abertas na Casa-Museo da Navegación na que os protagonistas foron os escolares do CEIP Pazos de Reis (Tui), que realizaron un percorrido polas instalacións e levaron a cabo unha representación nos xardíns.

O Museo de Baiona uniuse ao Día Internacional dos Museos 2017 con varias actividades na súa Casa da Navegación. Con entrada libre ás instalacións durante todo o día, houbo visitas guiadas e celebrouse unha performance no xardín do museo a cargo de alumnos de 3º a 6º de Primaria do CEIP Pazos de Reis (Tui).

Os escolares mostraron unha revisión actualizada do encontro entre culturas que supuxo o Descubrimento de América en relación co feito histórico da Arribada de Martín Alonso Pinzón a Baiona o 1 de marzo de 1493 para dar por primeira vez a noticia do descubrimento dentro da temática proposta para este ano: “Museos e historias controvertidas: dicir o indicible nos museos”.

 

Portal de transparencia

 

Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar

Encuesta

Benvidos/as! Co propósito de optimizar os servizos e recursos que ofrecemos por medio do novo portal web institucional do Concello de Baiona, pedimos a súa colaboración para valorar o seu grao de satisfacción.

a. Moi satisfeito
b. Satisfeito
c. Pouco satisfeito