baiona.org



 

NOTICIAS

« Atrás

Baiona cobre o 100% dos postos do mercado de Sabarís sacados a concurso

Este luns o salón de plenos do  Concello de Baiona acolleu o sorteo público do concurso de adxudicación de 73 postos de venda ambulante para o mercadillo de  Sabarís, que se celebra todos os luns na parroquia desde hai máis de 520 anos.

“Concretamente rexistráronse 112 solicitudes. Algúns postos rexistraron varias peticións polo que unha vez adxudicados os máis demandados, as restantes solicitudes foron repartidas entre outros postos polo que se cubriron o 100% dos postos que sacamos a concurso. A convocatoria foi todo un éxito.”, ha detallo a Concelleira de Mercados, Mª Carmen Paredes.

O Mercado de  Sabarís é un dos máis antigos de Galicia e segue xogando un papel crave na posta en valor da Parroquia de Santa Cristina da Ramallosa.

O obxectivo, segundo explicou Paredes, é o de " seguir dinamizando e apostando polo mercadillo". Pero non só iso. “O mercadillo dos luns de  Sabarís é cada vez máis soado e o número de postos aumenta, polo que nesta convocatoria incrementouse o radio de espazo público no que se asintan os vendedores, incluíndo novos postos na Avenida José Pereira  Troncoso.

Este novo concurso vén ampliar o espazo de comercio no que se dan cita unha gran variedade de produtos de moi variada clase que van desde froitas e verduras, ata decoración, moda e complementos entre outros moitos.

Paredes, que á súa vez tamén é concelleira de comercio destaca “o efecto tan positivo que ten a pluralidade do comercio que se dá no mercado de  Sabarís que, lonxe de ser competencia dos comercios permanentes, serve de catalizador para todos aqueles que deciden ir ata a feira o luns pola mañá e que desta maneira consomen nos diferentes establecementos”.

Pola súa banda, o Alcalde de Baiona, Ángel  Rodal, móstrase moi satisfeito “ante a gran demanda polos postos ofertados que veñen confirmar o interese polo noso mercado”.

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA       

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org  

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar