baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

CONCIENCIAR AOS MÁIS NOVOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Concellería de Educación e a Concellería de Igualdade, a través do CIM (Centro de Información á Muller), están a desenvolver conxuntamente unha serie de actividades co fin de concienciar e informar nas aulas ás xeracións máis novas sobre a importancia da igualdade e a loita contra a violencia de xénero.

Máis de 80 escolares, todo o alumnado de sexto curso dos catro colexios do municipio (Belesar, Covaterreña, Sabarís e Fontes), beneficiaranse das actividades que serán guiadas por unha profesional con formación específica en igualdade de xénero, coñecemento sobre metodoloxía didáctica e experiencia en traballo con grupos de escolares de primaria.

O obxectivo, desta iniciativa subvencionada pola Deputación de Pontevedra, é sensibilizar sobre a importancia da igualdade a nivel social e persoal, ensinarlles a ser críticos coas desigualdades e a ser conscientes de que deles depende que esta sociedade sexa máis xusta e igualitaria.

Desde o Concello de Baiona apúntase que na maioría dos casos, as novas xeracións pola época na que lles tocou nacer, non son conscientes do papel de loita que tiveron que sumir moitas mulleres de todas as partes do mundo para conseguir dereitos dos que gozamos hoxe en día e que a pesar dos avances experimentados, as desigualdades de xénero seguen arraigadas na nosa sociedade e que o cambio está nas mans do alumnado porque son o futuro da nosa sociedade e teñen a responsabilidade de facela máis xusta e igualitaria.

 

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA

RESPONSABLE: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar