baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

BAIONA INVITA AOS REIS DE ESPAÑA A PRESIDIR OS ACTOS DO 525 DESCUBRIMENTO

 O Concello comeza a preparar o próximo aniversario da chegada á Real Vila da carabela “La Pinta” en 1493

O Concello de Baiona cursou nos últimos días a  petición á Casa Real para que as SSMM os Reis de España presidan o acto institucional do 525 aniversario da Arribada da  carabela “La Pinta” ao porto de Baiona.

Ángel Rodal, alcalde de Baiona, solicitou así de forma oficial a presencia do Rei Felipe VI e a Reina Letizia na conmemoración que se celebrará o primeiro fin de semana de marzo do ano 2018, coincidindo tamén cos 25 anos da presencia na Real Vila do que entón era Príncipe de Asturias para celebrar en 1993 o V Centenario da Arribada.

O rexedor de Baiona, xunto ao de Santa Fe de Granada, Manuel Gil, e o Primeiro Tentene de Alcalde de Palos de la Frontera, Ricardo Bogado, firmaron a carta dirixida ao Palacio de la Zarzuela para invitar aos Reis tanto aos actos a celebrar en Baiona coma en Santa Fe (525 anos das Capitulacións do Reis Católicos) e en Palos (525 aniversario da chegada de “La Niña” e “La Pinta”).

“O Concello de Baiona, xunto ao de Santa Fe de la Vega de Granada e Palos de la Frontera, iniciou en 2012 un proxecto conxunto das tres localidades irmandadas e unidas pola historia colombina, para que sexan declaradas pola UNESCO Patrimonio da Humanidade e lugar de encontro da Comunidade Iberoamericana de Nacións”, explican os alcaldes na carta dirixida as SSMM.

A invitación aos Reis de España convértese así nun dos primeiros pasos para organizar o 525 aniversario da Arribada. “Aínda estamos pechando a XX edición da nosa Festa de Interese Turístico Internacional coa recollida dos postos e facendo balance cos comerciantes e empresarios, pero xa nos puxemos a traballar na celebración de 2018”, apuntou Ángel Rodal.

Para a próxima edición, o Concello de Baiona tamén incluíu nos orzamentos do ano 2017 o traslado da carabela “La Pinta” ao estaleiro da Guarda para facer traballos de mantemento e que estea nos mellores condicións o próximo mes de marzo.

Feira Medieval en Palos

Precisamente, durante esta fin de semana, unha delegación baionesa encabezada polo rexedor desprazouse a localidade irmá de Palos de la Frontera, onde se celebra a festa que conmemora a chegada o 15 de marzo de 1493 das carabelas “La Niña”, tras arribar a Lisboa dirixida por Cristóbal Colón, e “La Pinta”, que tras ser reparada en Baiona desprazouse a localidade andaluza de onde saíra en 1492.

Xunta ao rexedor e a Primeira Tenente de Alcalde e concelleira de Cultura, María Iglesias, tamén viaxou a Palos a Coral Polifónica San Lorenzo de Belesar para participar nos actos festivos e responder así á visita da Coral “Amigos de los Milagros” que estivo hai quince días en Baiona. A coral de Belesar foi a elixida polo concello ao celebrar este ano o seu 25 aniversario da súa fundación. 

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar