baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

Doce debuxos realizados polo alumnado baionés para un Calendario 2018 pola igualdade de xénero

Esta mañá, o Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a Concelleira De Iguladad, Mª Carmen Paredes, e a directora do Centro de Información da Muller, Elena Otero, e Yolanda Lesmes, Secretaria Territorial da Xunta en Vigo, inauguraron a exposición pública, situada na planta baixa da Casa Consistorial, dos traballos realizados polo alumnado de sexto curso de primaria dos centros de Baiona, que deron lugar a un calendario 2018 pola igualdade de xénero.

 

Os auténticos protagonistas da inauguración foi os nenos e nenas dos colexios baioneses que se desprazaron ata o Concello para coñecer en primeira persoa os debuxos dos seus compañeiros e compañeiras. 

 

Neste calendario, impulsado pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, doce alumnos e alumnas baionesa achegan a súa mirada artística ante a desigualdade de xénero. A súa portada leva por título: “Todas e todas importamos ou mesmo”. No seu interior e ao longo dos 12 meses que forman o ano doce alumnos e alumnas dos diferentes centros educativos do municipio propoñen unha imaxe para cada mes achegando a súa visión acerca da igualdade de xénero e contribuíndo o seu granito de area na loita contra a violencia.

“O resultado mantén un ton amable e sobre todo didáctico, en todos os meses evidénciase dunha forma moi gráfica que os nenos e nenas pretende a igualdade”, destacou o Alcalde.

 

Baixo o asesoramento da CIM e da Concellería deIgualade este calendario busca provocar a reflexión individual sobre algunhas condicións de desigualdade.

O calendario foi presentado esta mañá no acto programada pola Concellería de Igualdade con motivo do Día Internacional da Violencia de Xénero que se celebrou esta mañá na praza do Concello de Baiona. 

Cada un dos alumnos e alumnas dos catro centros educativos do municipio (Belesar, Covaterreña, Sabarís e Fontes) levará un dos almanaques á súa casa para lembrar día a día que se debe loitar pola igualdade de xénero. Os centros educativos tamén quedarán con varios exemplares. Tamén se repartiron calendarios entre quen acudiu ao acto.

“Así, neste sentido, desde o Concello de Baiona contribuímos ano a ano a esta loita contra a violencia de xénero a través de diferentes accións; concretamente neste ano, na liña de prevención e concienciación social dirixida a adolescentes, hai que poñer en valor o Programa de Prevención da violencia levado a cabo en todos os centros escolares do municipio e dirixidos a un grande número de escolares; así alumnado de 6º de primaria e 1º e 2º da ESO. Sesións dirixidas por profesionais expertas centradas en sensibilizar sobre a importancia da igualdade a nivel social e persoal, fomentando un pensamento crítico coas desigualdades e aprendendo a ser conscientes de que é responsabilidade individual e conxunta que esta sociedade sexa máis xusta e igualitaria”, comentou a Concelleira de Igualdade, Mª Carmen Paredes.

O colofón a este Programa, tivo lugar hoxe coa inauguración da exposición pública dos traballos realizados polo alumnado durante as sesións e das cales se extraeron os debuxos que forman parte do calendario.

Este ano a concellería de igualdade centrou os actos e actividades do día 25 de novembro ao redor da mocidade ao entender como alicerce básico para erradicar a violencia a sensibilización deste colectivo, impartindo talleres tanto ao alumnado de educación primaria coa o da etapa de educación secundaria obrigatoria.

 

 

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA

 

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org  

 

 

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar