baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

Baiona subvenciona con preto de 40.000 euros ás asociacións do municipio

O Concello de Baiona acordou destinar a estes fins unha cantidade de preto de 40.000 euros con cargo aos Orzamentos de 2017, e das que serán beneficiarias un total de 28 entidades das cinco parroquias do municipio, entre as que se atopan asociacións culturais, deportivas, as ANPAS dos colexios públicos entre outras.

A cantidade de cada subvención varía dependendo das características e a envergadura das actividades que se celebren.

Desta maneira, entre os eventos para os cales se destinan estas axudas destacan festivais de música, festivais folclóricos, concursos de fotografía, concertos, clases didácticas, actividades diversas para nenos e adultos, actos conmemorativos, intercambios culturais, obras teatrais e magostos e actividades complementarias de educación, entre outras moitas.

Todas elas son accións desenvolvidas polas diferentes asociacións deportivas, culturais, veciñais, educativas, fiesteras e de servizos sociais, centros e entidades culturais co obxectivo de promocionar as parroquias, o seu patrimonio histórico e cultural e realizar actividades lúdicas, deportivas e formativas para os veciños.

 

O Concello de Baiona vén reforzando ano tras ano o seu compromiso coas asociacións baionesas. O Alcalde de Baiona declarou que: “O goberno municipal continúa co seu compromiso de apoiar as actividades dos diferentes colectivos baioneses xa que o seu labor é fundamental no municipio por crear un tecido social que reforza o noso pobo”. Con estas palabras Ángel Rodal revalidou a colaboración con todas elas.

 

As axudas enmárcanse no Plan Estratéxico de Subvencións municipais 2017 do Concello de Baiona e nos 40.000 euros reflíctese a suma dos convenios anuais.

"O noso compromiso é de máxima colaboración con todos os colectivos do municipio, que son os grandes promotores das actividades lúdicas, culturais e deportivas, por iso apostamos por manter esta liña de axudas ao longo de todo o mandato", conclúe o Alcalde, Ángel Rodal. 

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org  

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar