baiona.org



  Romería de San Cosme y San Damián 2017

   Bases Reguladoras - Plano

   Solicitud Puesto de Venta (anexo I)

   Declaración Responsable (anexo II)

 

NOTICIAS

« Atrás

A CUARTA EDICIÓN DA CAMPAÑA ‘DÁLLE LUZ Á TÚA FACTURA' CHEGA O VINDEIRO LUNS A BAIONA CON CONSELLOS PRÁCTICOS PARA AFORRAR NA FACTURA ELÉCTRICA

 §  Como novidade este ano, ‘Dálle luz á túa factura’ conta cun expositor itinerante que vai percorrer as principais vilas de Galicia e que, neste caso, estará instalado no Paseo Ribeira

§  Igual que en anos anteriores, tamén se impartirán charlas informativas para asesorar aos consumidores sobre como elixir o tipo de contrato máis axeitado, revisar a potencia contratada, valorar a discriminación horaria, ou mesmo saber como proceder á hora de presentar unha reclamación

§  Concretamente, esta xuntanza será no Paseo Ribeira, de 16:00 a 17:00 horas, onde os asistentes poderán consultar as súas dúbidas

§  Ademais, vai estar presente en 15 feiras sectoriais que se celebrarán en Galicia no que queda de ano; a próxima, a Feira do Moble de Galicia, na Estrada

§  Impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Instituto Galego de Consumo e o Inega, o obxectivo desta campaña divulgativa é dar a coñecer as principais recomendacións para aforrar no consumo de luz e facilitar a comprensión da factura eléctrica

 

A nova edición da campaña ‘Dálle luz á túa factura’, coa que a Xunta busca asesorar aos consumidores galegos sobre como reducir o gasto en electricidade, visitará o vindeiro luns o concello de Baiona para achegar aos veciños desta localidade consellos útiles cos que poder aforrar no recibo da luz.

 Como novidade este ano, ‘Dálle luz á túa factura’ conta cun expositor itinerante que vai percorrer as principais vilas de Galicia e que, neste caso, estará instalado no Paseo Ribeira. Alí, entre as 10:00 e as 14:00 horas, as persoas interesadas poderán recibir información e coñecer máis de preto este tipo de recomendacións prácticas.

 Elixir o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisar a potencia contratada, valorar a discriminación horaria, ou mesmo saber como proceder á hora de presentar unha reclamación, son algúns dos aspectos que aborda esta iniciativa. E, como en anos anteriores, tamén se impartirán charlas informativas para asesorar aos consumidores neste tipo de cuestións. Concretamente, será no Paseo Ribeira, de 16:00 a 17:00 horas, onde os asistentes poderán consultar as súas dúbidas.

 Impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Instituto Galego de Consumo e o Inega, o obxectivo desta campaña divulgativa é dar a coñecer as principais recomendacións para aforrar no consumo de luz e facilitar a comprensión da factura eléctrica.

 Dálle luz á túa factura’ está a percorrer diferentes concellos galegos e, este ano, vai estar tamén presente en 15 feiras sectoriais que se celebrarán en Galicia no que queda de ano. Logo de visitar a de Monterroso, a próxima será a Feira do Moble de Galicia, na Estrada.

 Xunto con isto, para que os consumidores poidan consultar as súas dúbidas, segue en marcha o teléfono gratuíto 900 907 723, así como a páxina de facebook ‘Dálle luz á túa factura’, que complementan o labor de información e asesoramento que se desenvolve a través do Instituto Galego de Consumo e das oficinas municipais de información ao consumidor (OMIC).

 Axudar aos fogares galegos

 A subministración eléctrica nos fogares é un ámbito prioritario para a Xunta de Galicia polo que supón para o benestar e a economía das familias galegas, especialmente, as máis vulnerables. Neste sentido, o tícket eléctrico social ten permitido apoiar a preto de 7.000 familias desde que se puxo en marcha en 2014, axudándolles ao pagamento da factura da luz con ata 300 euros ao ano. E, do mesmo xeito, tamén as axudas para afrontar os cortes de subministración, que permiten cubrir o custo de dúas mensualidades ao ano por fogar, chegaron polo de agora a máis de 4.000 consumidores galegos.

 Ademais, o Plan de vivenda que puxo en marcha o Goberno galego, busca que a rehabilitación de vivendas e a construción de novas edificacións vaia encamiñada a promover a eficiencia enerxética e o uso de fontes de enerxía renovables.

 

 

Portal de transparencia


Cidadania



Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar