baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

BAIONA REINAUGURA A PISTA DE SKATE DO ARAL CUN NOVO DESEÑO ACORDADO COS MOZOS DA VILA

 Os traballos de mellora permitiron ampliar as instalacións cunha nova rampla e cun caixón

A pista de skate do Aral xa funciona a pleno rendemento despois da reforma levada a cabo polo Concello de Baiona tras manter varias reunións cos mozos que habitualmente utilizan as instalacións municipais para definir as melloras.

A pista de skate do Aral foi reinaugurada cun rotundo éxito a pasada semana tras as obras levadas a cabo pola empresa Materval de Baiona. Entre os traballos que fixo a Concellería de Vías e Obras inclúese unha nova rampla para realizar xiros e un novo caixón para os saltos, ademais das labores de mantemento do resto da infraestrutura, co pintado da rampla e do chan. As melloras tamén centráronse na instalación dun perfilado con chapa mecánica e a retirada das vallas.

Os propios mozos e mozas da Vila foron os que deseñaron os cambios e fixeron chegar as súas peticións ao Concello de Baiona en varias reunións mantidas durante as últimas semanas.

A pista de skate do Aral cumpriu xa 12 anos e a última reforma levouse a cabo hai catro anos. “Estamos moi orgullosos da reforma e do éxito nos primeiros días de inauguración, así como que foran os propios usuarios os que definiran as melloras, porque preferimos que o desgaste, tanto da pista como do resto dos parques de Baiona, sexa por uso e non porque estean infrautilizados”, apuntou o alcalde, Ángel Rodal.

 

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar