baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

Baiona traslada a programación do Entroido ao próximo domingo

As previsións meteorolóxicas previstas para mañá propiciaron que o Concello de Baiona traslade a programación de Entroido ao próximo domingo, día 18 de febreiro.

O desfile de comparsa no que participarán máis de 900 integrantes de 16 comparsas inscritas de Baiona, Nigrán Gondomar, Vigo, Redondela, Salceda de Caselas e Soutomaior, sairá ás 17 h. da Avenida urbana de Sabarís, e percorrerán as rúas, Santa Marta, Monterreal e Elduayen para terminar na Alameda Carabela Pinta onde, tras a deliberación do xurado, farase entrega dos premios ás comparsas gañadoras. A comparsa que gañe o 1º premio recibirá 900€, o 2º 650€ e o 3º 500 €. Tamén haberá axudas para o resto de comparsas que participen no entroido.

Os actos continuarán seguidamente, sobre as 19:30 h, co enterro da sardiña que partirá da Alameda Carabela Pinta para facer un percorrido por cálelas Ventura Misa e Elduayen ata a praia Riberira, onde terá lugar o enterro. Todo iso acompañado pola música da Charanga Nova Cuba.

Desde a Concellería de Cultura de Baiona anímase a todos a participar o vindeiro domingo nas actividades. 

 - Nota informativa Cambio Programación Entrodio 

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA     

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org  

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar