baiona.org



  Romería de San Cosme y San Damián 2017

   Bases Reguladoras - Plano

   Solicitud Puesto de Venta (anexo I)

   Declaración Responsable (anexo II)

 

NOTICIAS

« Atrás

TODO LISTO NA PRAIA DOS FRADES PARA O SUNSET FESTIVAL

 Baiona xa está preparada para acoller a cita coa música electrónica de referencia en Galicia.

O Concello de Baiona xa ten todo preparado para acoller durante os dous vindeiros días, 18 e 19 de xullo, o Frades Sunset Festival, que chega a súa cuarta edición sendo xa a cita coa música electrónica de referencia en Galicia.

Durante os últimos días leváronse a cabo todos os preparativos na praia dos Frades para acoller os concertos gratuítos que organizan as concellerías de Cultura e Turismo coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba).

O Frades Sunset comezará mañá martes ás 21:00 horas coa actuación do baionés DJ Yaggo, quen xa participou en todas as edicións do festival e que asesora ao Concello cada  ano para configurar o cartel. Ese mesmo día, tamén estarán Groove Amigos e Ludwing Van Brothers, para rematar con Fonsi Nieto. Ao día seguinte, o hora de apertura será ás cinco da tarde e o peche ás cinco da madrugada. Nesta ocasión, a apertura será para Traffic House, DJ Ángel Vakeiro e Gabry Domínguez, mentres que Abel Ramos e Olga Ryazanova serán os encargados de baixar o telón da cuarta edición do Frades Sunset. Ademais, Pablo Méndez animará a festa coas súas performance e haberá zona chill-out, servizo de barra e food-truck`s.

Portal de transparencia


Cidadania



Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar