baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

O Concello de Baiona inviste preto de 34.000 euros en ampliar a rede de abastecemento en máis de 15 vivendas do municipio

O Concello de Baiona terminou esta semana unha nova actuación no ámbito da rede de abastecemento nos Camiños das Pereiras en Bouzós e o camiño Vesadiña no Caeiro, ambos na parroquia de Sabarís, que ata agora non dispoñía dunha rede de abastecemento de auga.

Nesta ocasión o investimento foi de preto de 34.000 euros, os cales se destinaron ás obras de abastecemento e a pavimentación dos camiños. Esta nova ampliación da rede dará servizo a máis de 15 vivendas.

Os traballos non só deron servizo a estas 15 vivendas, senón que, ademais, melloraron as condicións das vivendas que xa gozaban do servizo debido ao aumento de presión nas tubaxes. 

O concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, José Ángel Bahamonde, indica “que con estas obras redúcese de maneira considerable o número de vivendas que a día de hoxe non dispoñen o servizo de abastecemento tan necesario nos nosos días debido á escaseza de auga”

"Son obras imprescindibles e necesarias para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños debido a que entendemos que a auga é un ben altamente necesario. Polo cal consideramos apropiado destinar os fondos a melloras nas parroquias tal e como é o noso compromiso cos veciños", afirmou o Alcalde, Ángel Rodal. 

 

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA

 

RESPONSABLE: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar