baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

A Concellería de Servizos Social asesora aos pensionistas que desexen participa no programa de termalismo social do Imserso

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona atende aos veciños e veciñas nas solicitudes de participación no programa de termalismo social do Imserso. O Imserso organiza o Programa de Termalismo Social dirixido a pensionistas da Seguridade Social, perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos.

Este programa proporciona tratamentos termais a prezos reducidos en balnearios de todo o territorio nacional en réxime de aloxamento con pensión completa. As estancias poden ser de 10 e 12 días de duración.

Os prazos para presentar as solicitudes son os seguintes: ata o día 4 de xaneiro de 2018 para as quendas dos meses de febreiro a agosto ambos inclusive; e ata o día 11 de maio de 2018 para as quendas dos meses de setembro a decembro, ambos inclusive.

As persoas interesadas en participar neste programa deberán dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. Cita previa e máis información chamando ao teléfono 986 38 59 26.

 GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA    

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org  

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar