baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

Últimos días para solicitar las actuaciones gratuitas, por parte de los usuarios de la TDT, por las posibles afectaciones ocasionadas

O Concello de Baiona informa que o 31 de Decembro finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polos nodos 4 G na banda 800 MHz.

A empresa Llega 800 realizou a finais do mes de setembro un novo aceso dunha antena de telefonía 4 G na nosa zona, polo que o noso municipio puido verse afectado por interferencias ou problemas na recepción no sinal de televisión.  

De producirse algún incidente, os veciños deberán facer o seguinte:

- Se vivimos nun edificio colectivo, falaremos co Presidente da Comunidade de Propietarios ou co Administrador de Leiras para que contacten co Centro de Atención ao Usuario ( CAU).

 - Se vivimos nunha vivenda individual, deberemos contactar directamente co CAU.

- Para contactar co CAU, os veciños dispoñen de 2 vías:

- Chamar ao 900 833 999 (lembramos que esta chamada é gratuíta)

 - Ou entrando na web www.llega800.es

- ¿En qué consisten as actuacións?

Na maioría dos casos, a actuación consistirá en colocar un filtro na antena. Para iso, un técnico desprazarase ao domicilio e as actuacións que realice non terán ningún custo para o cidadán. Para calquera dúbida, consulta ou reclamación sobre este tema, os veciños poderán dirixirse á Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Baiona, sita na 2º planta do consistorio, teléfono 986385925 

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA    

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org  

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar