baiona.org



 

NOTICIAS

« Atrás

Aberto o prazo de solicitudes para participar nos Campamentos organizados pola Deputación de Pontevedra para o verán de 2018.

O  Concello de Baiona informa de que está aberto o prazo de inscrición para os Campamentos para o ano 2018 organizados pola Deputación de Pontevedra.

CAMPAMENTOS A LANZADA

Os campamentos de verán no Centro de Vacacións da Lanzada son un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, artísticas, deportes e xogos, entre outras.  A estes campamentos pódense anotar nenos e nenas nacidos entre os anos 2005 e 2010, ambos os incluídos, e que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos  concellos da provincia de Pontevedra. Entre as diversas actividades tamén se inclúen tarefas en inglés.

O prezo é de 100 euros (Desconto 20% familias numerosas). Ofértanse prazas gratuítas para os nenos/nenas en situacións de risco de exclusión social.

Ofértanse 11 quendas semanais do 24 de xuño ao 8 de setembro.

O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o próximo 27 de marzo.

CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS

Os campamentos polideportivos no Centro Príncipe Felipe están destinados a nenos e nenas nacidos entre os anos 2004 e 2011, ambos os incluídos, que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos  concellos da  provincia de Pontevedra. O campamento incorpora actividades lúdicas, como saídas ao medio natural, tiro con arco, actividades acuáticas ou talleres.

Ofértanse 6 quendas semanais do 9 de xullo ao 25 de agosto.

O prezo é de 125 euros (Desconto familias numerosas).

O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o próximo 23 de marzo.

Máis información na OMIX do  Concello de Baiona, situada na 2º planta ou no teléfono 986385925.

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA         

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org  

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar