baiona.org



 

NOTICIAS

« Atrás

Usuarios de Avelaíña participan no "Almorzo Saludable" organizado polo obradoiro de emprego Terras do Miñor

Usuarios da asociación Avelaíña han participan no “Almorzo saudable” organizado polo alumnado do VI Obradorio de emprego mancomunado “Terras do Miñor”. Os participantes gozaron dunha charla informativa impatida por unha nutricionista e tras a charla, os alumnos do obradorio serviron aos comensais un almorzo saudable variado.

Con estes xantares elaborados e servidos polos alumnos/traballadores do obradoiro, preténdese colaborar na sensibilización da adquisición de hábitos máis sans relacionados coa alimentación. O Obradoiro que comezou o día 29 de setembro está a piques de finalizar o seu proxecto. A directora Marita Pintos manifesta a súa satisfacción pola marcha da actividade. Ao longo do curso o alumnado fixéronse cargo do comedor social e serviron almorzos ao estudantado dos centros educativos do Val Miñor. Tamén se organizou unha comida de San Valentín cos maiores dos tres municipios pertencentes á mancomunidade. Por último, as pasadas semanas tiveron lugar unhas xornadas de portas abertas, con colexios de educación especial e outra moi importante co empresariado da zona co obxectivo de dar a coñecer aos novos profesionais formados cara á súa contratación.

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA         

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org  

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar