baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

Baiona acolle o XIITorneo de Minibasket do 23 ao 25 de marzo

Baiona acollerá os próximos 23, 24 e 25 de marzo o XII Torneo Internacional de Minibasket. O tradicional evento deportivo, que foi presentado no Concello, reunirá a 32 equipos de varios puntos de Galicia, Cataluña, León, Valladolid e de Portugal durante tres días, o que supón un total de 384 xogadores máis 64 adestradores.

Este ano a competición engade un día máis polo que desde o venres día 23 os equipos disputarán desde as 18:00 h concursos de tiros.Xa o sábado 24 terá lugar a fase de grupos que se desenvolverá de 09:00 a 21:00 h , na que se clasificarán os dous primeiros. O domingo 25 os eliminados xogarán entre eles e os equipos finalistas disputarán os play- offs de eliminación directa. A final masculina será ás 17.00 horas e a feminina ás 18.00, ambas as no pavillón de deportes de Baiona. Ás 19.00 terá lugar a entrega de premios.

O torneo, tal e como sinalou David Castiñeiras, o director deportivo do Club Baloncesto Baiona (organizador do torneo xunto ao Concello) é actualmente un dos máis importantes do noroeste peninsular tras consolidarse en once edicións anteriores. Ademais, Castiñeiras agradeceu a colaboración do Concello de Baiona xa que o torneo vai enriquecer con visitas dos equipos por diferentes lugares e monumentos do municipio, como a Carabela Pinta ou o Parador Conde de Gondomar, entre outros.

O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, destacou a importancia do evento para o municipio ”Este torneo é moi importante no deportivo de Baiona, pero tamén o é a nivel turístico e económico. Os xogadores veñen acompañados polas súas familias que pasan todo o fin de semana na vila, enchendo hoteis e os restaurantes. Tamén é unha iniciativa acollida con gran entusiasmo polos comerciarte baioneses”, matizou Rodal.

Durante os tres días de celebración disputaranse un total de 74 partidos entre os 32 equipos participantes que moven a uns 384 xogadores e máis de 64 adestradores. A estes hai que engadir os seus familiares e acompañantes ademais dos 15 árbitros oficiais de mesa. Na organización do campionato participan máis de 50 voluntarios.

Final del formulario

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA         

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org  

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar