baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

Aberto o prazo de inscrición Alfombras florais 2018

O Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios ( Aceba) convocan o tradicional certame de alfombras florais do Corpus, que adornarán o percorrido da procesión, prevista o domingo 3 de xuño, tras a Misa das 12:00 horas, na Igrexa de Santa María de Baiona.

Acto seguido será a procesión polas rúas do centro histórico coa participación da ‘Danza dás Espadas’ e da banda de música de Baiona. A comitiva discorrerá por sete cales  baionesas, que lucirán as tradicionais alfombras florais do Corpus; Manuel  Valverde, San  Lorenzo, Conde, Ventura Misa,  Lorenzo da Carreira, San Xoán-Laxe e Santa  Liberata.

As axudas concedidas serán de 200 euros por cada tapiz dun mínimo de 40 metros de lonxitude e 50 euros por alfombra na zona dos altares (cunha dimensión de 3×3 metros lineais).  Aquelas persoas que queiran participar deberán inscribirse antes do 1 de xuño de 2018 no rexistro municipal, en horario de 9 a 14 h, ou na Sede electrónica do  Concello:  baiona. sedelectronica. gal,

Despois da recollida de flor, a confección comezará a véspera da procesión a partir das 22:00 horas do sábado 2 de xuño, cando se pechará ao tráfico todas as zonas sinaladas para poder traballar toda a noite.

- Bases Certame Alfrombras 2018

- Solicitude

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA       

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org  

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar