baiona.org



 

NOTICIAS

« Atrás

Baiona inaugurará a nova biblioteca en xullo

O  Concello de Baiona formalizou o contrato coa empresa  Sirvent  S. L que fornecerá o mobiliario da biblioteca municipal por 38.778,08 euros e  EUN Sistemas  S. L., dos do arquivo municipal por 15.067,75.

O  Concello asinou en decembro un convenio coa Xunta polo que a Administración autonómica achegaba 40.000 euros ao equipamento do servizo, valorado en 75.000 euros. Destináronse 15.000 a equipos informáticos e administrativos e montante restante destinarase á compra de andeis  rodantes, xa que a sala dispón de andeis fixos, mesas e cadeiras. Segundo o contratado de adxudicación rubricado este mañá o mobiliario deberá estar colocado nun prazo dun mes e medio.

A Concelleira de Cultura, María Iglesias, sinalou que “Cando se instale o novo material xa estará todo listo para a reapertura do edificio”. Ademais, destacou “que no próximos quince días procederase ao traslado de libros e material audiovisual para colocalos nos novos andeis en canto cheguen a finais de xuño. A primeira semana de xullo xa estará todo listo para a inauguración”

Pola súa banda, o Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, destacou que “Se trata do último trámite que faltaba para poder abrir a Biblioteca Municipal” e engadiu que coa rehabilitación do edificio  Sancti  Spiritus “Estamos ante unha obra espectacular, tanto polo seu deseño como polas súas dimensións e comodidade. Os veciños e veciñas de Baiona poderán gozar dunha dotación cultural de gran calidade e funcionalidade”. 

A rehabilitación do Hospital  Sancti  Spiritus levou a cabo cun investimento superior aos 1,1 millóns achegados polo Ministerio de Fomento, grazas ao plan denominado 1,5% Cultural.

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA       

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org  

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar