baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

O Concello de Baiona organiza unha xornada de portas abertas para que os baioneses coñezan en detalle o gran proxecto de rehabilitación do histórico edificio Sancti Spiritus

O Concello de Baiona ultima os detalles para a gran inauguración da apertura da Biblioteca Pública Municipal e o Arquivo Histórico da Vila de mañá. Ao longo desta semana procedeuse á colocación do mobiliario. As novas salas dispoñen de andeis fixos, e colocáronse as  rodantes e as mesas e cadeiras.

Desde a Concellería de Cultura deseñaron unha programación especial para o vindeiro sábado día 7 con motivo da inauguración do gran proxecto de rehabilitación do histórico edificio  Sancti  Spiritus. Así, ás 11:00 h está prevista a inauguración oficial. Ás 12.30 h os personaxes máis famosos da literatura infantil galega, os seis irmáns  Bolechas e o seu can, serán os encargados de levar a cabo o primeiro espectáculo infantil na Biblioteca Municipal.

A Concellería de Cultura quere que os máis pequenos do municipio teña protagonismo o día da inauguración dun edificio tan importante para todos os cidadáns; e os nenos e nenas  baioneses non podían quedar á marxe da celebración.  Hai que Inculcar e fomentar nos infantes o hábito e o pracer da lectura, a aprendizaxe e a utilización das bibliotecas ao longo de toda a súa vida e isto téñeno claro en Baiona.

Igualmente, conscientes da importancia de proxecto para o conxunto da poboación  baionesa tamén se organizou unha xornada de portas abertas ese mesmo día en horario de tarde, de 16 a 20 h, para o público en xeral e que todos os veciños e as veciñas interesados poidan coñecer de primeira man a rehabilitación e as novas instalacións. O persoal da Biblioteca Pública Municipal será o encargado de recibir e guiar aos visitantes polo edificio, nun percorrido para coñecer a envergadura dos traballos levados a cabo na histórica edificación e para coñecer os diferentes espazos ou salas destinadas a usos e servizos específicos, entre os que se atopa o Arquivo Histórico da Vila, que alberga o maior arquivo histórico da comarca e un dos máis importantes de Galicia.

Este sábado será un día importante para Baiona pois verá como un dos seus edificios con máis historia recupera o esplendor dos tempos pasados tras unhas  meticulosas obras rehabilitación.

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA           

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org  

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar