baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

O Concello de Baiona abre o prazo de matrícula da Escola de Música Municipal para o curso 2018/2019

Os interesados en facer a matrícula da Escola de Música Municipal de Baiona para o curso 2018/2019 poderán facelo ata o 31 de xullo en horario matinal de 9.00 a 14.00  h.

A matriculación levará a cabo no propio centro situado na rúa  Alferez Barreiro  nº20-21, onde os interesados terán acceso aos impresos correspondentes.

Os nenos de 4 a 6 anos poderán matricularse na materia de música e movemento. Esta disciplina é a ideal para os máis pequenos xa que aprenden de forma dinámica e lúdica os coñecementos que os preparan para as clases musicais adultas. Traballan a psicomotricidade, realizan coreografías…

A partir dos 6 anos, son moitos os instrumentos que poderán escoller, entre os que se atopan: piano, guitarra, violín, viola, canto lírico, canto pop, frauta  travesera, clarinete,  saxofón, trompeta, trompa, trombón,  tuba, percusión e gaita.

Máis información: TLF: 986 35 60 81

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA           

 

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org 

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar