baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

Inscricións abertas para participar nas cucañas marítimas e nos Xigantes e Cabezudos da Anunciada

Existe unha festa referente do verán de Baiona e esa cita ineludible é a celebración da festa en honra á Virxe da Anunciada, que se celebrarán o 3, 4, 5 e 6 de agosto. O  Concello de Baiona iniciou os preparativos para celebrar unha das festas máis esperadas na Vila. Por este motivo a Concellería de Cultura informa de que, a partir do próximo luns, días 23 de xullo, e ata o 2 de agosto, estará aberto o período de inscricións para poder participar nos tradicionais xogos de cucañas marítimas e na comparsa de Xigantes e Cabezudos, enmarcados dentro do programa  Baiverán 2018.

As cucañas marítimas de Baiona organízanse anualmente o primeiro domingo do mes de agosto, dentro da programación da Festa da Anunciada, que este ano coincide o día 5 de agosto, ás 17:00 horas, no porto pesqueiro. Poderá participar calquera persoa maior de idade e os maiores de 12 anos con autorización. Establécense dous premios: Bandeira normal (10 euros) e Bandeira especial (20 euros).

Por outra banda, tamén se abriu o prazo para inscribirse na comparsa de Xigantes e Cabezudos que desfilará polas rúas do Centro histórico o sábado 4 e domingo 5 de agosto. Neste caso tamén poderán participar os maiores de 12 anos.

A comparsa de Xigantes e Cabezudos estará composta por dez cabezudos (A Ratiña,  Popeye, Diaño,  Napoleón, Negro, Negra, Pallaso cabeza grande e o Pallaso de cabeza pequena, o Gato cabeza pequena e a Bruxa cabeza pequena) e dous Xigantes (Rei e Raíña), que bailarán ao son da música durante o percorrido polo casco antigo de Baiona. Establécese dous premios, Cabezudo (30 euros) e Xigante (150 euros).

As inscricións formalizaranse por rexistro de entrada no  Concello, para calquera dubido ou consulta poderanos dirixirse ao Departamento de Cultura do  Concello de Baiona, situado na segunda planta da casa consistorial ou chamar ao 986355921.

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA           

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org 

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar