baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona organiza un divertido taller de percusión con materiais reciclados

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona comeza a tempada con distintas actividades. A primeira delas terá lugar o vindeiro mércores, 19 de setembro, e será un taller único creado para promover a expresión a través dunha das disciplinas musicais máis emocionantes. Trátase dun taller de percusión con materiais reciclados dirixidos a nenos e nenas de tres a sete anos.

A través desta actividade os participantes explorarán distintos sons e ritmos,  e traballaranse de maneira individual e  grupal as habilidades  auditivas, sensoriais e rítmicas dunha maneira lúdica e distendida, ao mesmo tempo que se creará conciencia respecto ao medio ambiente, xa que unha das partes máis innovadoras deste taller é que o material utilizado é na súa totalidade reciclado:  latas de alimentos, envases de bebidas, cubos, paus de escobas, xogo de cubertos…aprendendo que calquera obxecto pode ter  unha segunda vida útil .

Unha actividade divertida chea de ritmo onde tamén se inculcan valores importantes sobre como coidar o medioambiente e aproveitar e reutilizar os residuos. Os máis pequenos explorarán novos sons e efectos sonoros con instrumentos do máis orixinais.

O taller é gratuíto e as prazas son limitadas polos que será necesaria a inscrición previa no teléfono 986 35 59 43 ou na propia Biblioteca. Levarase a cabo en horario de seis a sete da tarde no recentemente inaugurado edificio que alberga a Biblioteca Pública Municipal e o Arquivo Histórico do Concello de Baiona.

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA           

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org 

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar