baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

A Biblioteca Pública de Baiona acolle o espectáculo de maxia "Xogando coas palabras"

O vindeiro mércores, 10 de outubro, na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona o mago Javier Muro presentará a actividade “Xogando  coas palabras”. Un espectáculo de maxia onde as palabras, os números e as letras escollidas polos nenos e nenas ao azar, van creando o espectáculo.  Utilizaranse as palabras dos libros, para descubrir que talvez o futuro xa estaba escrito. Coa data de nacemento dos infantes, descubrirase o poder dos números e qué relación hai coas palabras. E serán eles os que fagan a maxia, porque sen saber cómo, realizarán o espectáculo.

A actividade é para nenos e nenas a partir de seis anos e a entrada é gratuíta ata completar aforo. Comezará ás seis da tarde e terá unha hora de duración. 

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA           

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org  

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar