baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

O Concello de Baiona rende homenaxe aos veciños e veciñas que axudaron a sofocar os incendios do ano pasado

O  Concello de Baiona renderá homenaxe aos veciños e veciñas do municipio que colaboraron na extinción dos incendios que arrasaron o 15 de outubro de 2017 a Real Vila. O vindeiro domingo, día 14 de outubro, o  Concello organizará un acto que lembre para sempre a traxedia e a solidariedade dos  baioneses. A homenaxe, ao que asistirá a corporación municipal, autoridades locais, representantes das distintas comunidades de montes do municipio, asociacións culturais, asociacións de veciños …e ao que están convidados todas aquelas persoas que desinteresadamente colaboraron, terá lugar no parque  baionés “Mercedes da Escaleira”, aos pés do monumento da Virxe da Roca. O acto principal da xornada será a inauguración dun monumento conmemorativo que deixe constancia da unión e solidariedade dos veciños, e veciñas que traballaron xuntos, de xeito conxunto, conseguindo que non se producise unha desgraza de magnitudes maiores.

"Ademais do efecto devastador das chamas, os incendios deixáronnos tamén unha pegada da solidariedade dos veciños e veciñas", apuntou o alcalde, Anxo  Rodal, quen sinalou que a localidade "tiña unha conta pendente con todos os que, dalgún modo, axudárona a levantarse das súas propias cinzas”.

Hai un ano o pleno do  Concello de Baiona aprobou por unanimidade unha Declaración Institucional tras os incendios recoñecendo o traballo de todos os veciños e veciñas nos labores de extinción nos lumes, que tamén expuña a creación dun monumento á solidariedade veciñal. Desde o  Concello quixeron facer coincidir o acto de homenaxe, recoñecemento e agradecemento á veciñanza co primeiro aniversario dos feitos.

O  Concello de Baiona organizou este acto un ano despois da traxedia que non chegou a ser maior grazas á cidadanía de Baiona. Desde o  Concello son coñecedores dos arduos esforzos realizados pola poboación para sufocar as chamas que irremediablemente se achegaban ás súas vivendas, tendo moitos veciños que utilizar todos os medios á súa disposición. Grazas á inestimable axuda de todos soamente se ha produciu unha perda ambiental pero ningunha vivenda foi pasto das chamas, pois finalmente co esforzo e a unión de todo o pobo  baionés conseguiuse que non se producisen perdas maiores.

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA           

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org  

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar