baiona.org



NOTICIAS

« Atrás

Baiona acolle unha xornada informativa sobre o servizo de teleasistencia domiciliaria

A Deputación de Pontevedra organiza este mércores, 7 de novembro, unha sesión informativa, dirixida ás veciños e veciñas de Baiona, sobre a teleasistencia domiciliaria, servizo que o Concello de Baiona financia xunto con institución provincial. Será no centro  Sociocomunitario, na rúa Dolores Agrelo, número 17, ás 19:00 h.

A charla informativa, cunha duración aproximada dunha hora, teñen por obxecto dar a coñecer á veciñanza a importancia do servizo para previr situacións de risco.

Esta iniciativa permite a persoas de avanzada idade ou con algún tipo de diversidade funcional manter a súa independencia e continuar vivindo no seu domicilio con tranquilidade e seguridade, coa consecuente mellora na súa calidade de vida.

Ante unha situación de emerxencia no fogar, con só pulsar un botón, os e as usuarias reciben asistencia inmediata, 24 horas ao día e 365 días ao ano, mobilizando os recursos necesarios para dar solución ao problema. Isto é posible grazas a un terminal asociado á liña telefónica, que se instala nos domicilios e que permite establecer unha comunicación directa desde calquera punto da casa, similar ao sistema de “mans libres” dos teléfonos móbiles.

Así mesmo, a través do centro de atención deste programa préstanse servizos de apoio inmediato as demandas de angustia, soidade, accidentes domésticos, mobilización de recursos ante situacións de emerxencia sanitaria, persoal ou social, xestiónanse axendas para lembrar á persoa usuaria datos importantes sobre toma de medicación ou realización de xestións e tamén se realizan seguimentos permanentes mediante chamadas telefónicas periódicas. O servizo complétase con visitas regulares aos usuarios e usuarias, co obxectivo de acompañar a estas persoas e así minimizar o sentimento de soidade e illamento ao que moitas ven abocadas, e xornadas de convivencia.

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA           

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org 

Portal de transparencia


Cidadania

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar