O vindeiro sábado 29 de xuño ás 21:00h na Praza do Concello de Baiona terá lugar a Gala Final do concurso de Mellor Canción Galega 2019, organizado polo Concello de Baiona para impulsar, recoñecer a creación, a diversidade, e a calidade da música feita por galegos en lingua galega.
Nesta primeira edición, presentáronse un total de 17 cancións de distintos estilos musicais, sendo preseleccionadas polo xurado 10, que pasan directamente a final de onde sairán os tres primeiros premios. Todos os concursantes defenderán a súa canción nunha gala que será presentada por Rafa Durán, actor, presentador, cómico e showman galego.
Ao finalizar a Gala terá lugar a entrega dos premios consistentes en:
1º premio de 600 .-€ máis unha actuación a caché na programación do Baiverán 2019.
Premio de 400.-€ para o segundo clasificado
Premio de 250.-€ para o terceiro clasificado
AS CANCIÓNS SELECCIONADAS SON:
NOME DA CANCIÓN | INTÉRPRETE |
CAVERNA DIXITAL | O GATO DE CHESHIRE |
SOMOS | DAVID DEALONSO |
CONVICCIÓN | DENÍS |
XOTA DOS ZAPATIÑOS | ERGUTÍO |
OSVALDO | MOMBOI |
NADA É NOSO | THE MIRROR |
A TÚA PEGADA | LUCÍA DOVAL |
FOLIADA DO PORRIÑO | GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL FEIXOADA |
XOTA DE SOUTOMAIOR | AIRIÑOS DA PENEDA |
MEU PAI EU TEÑO UN SOÑO | MARI COSTA |
Departamento de Cultura
Baiona, 20 de xuño de 2019