A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, dirixida por Miriam Mar Costas Iriarte, prepara unha festa infantil con motivo da celebración do Samaín, a tarde do xoves 31 de outubro de 2019, na nosa vila.
Para festexar esta tradición galega, os máis pequenos e pequenas poderán desfrutar de obradoiros temáticos donde poderán preparar bebidas monstruosas, realizar arañas terroríficas e maquillarse a faciana de calaveras mexicanas ou de zombie.
Ademáis, ás 18:00h dará comenzo o espectáculo interactivo infantil “A Bailar Esqueletes”, a cargo do grupo Animar-T; unha hora e media chea de medo, maxia, cantaxogos, globos xigantes, confeti, concurso de baile, e moitas sorpresas máis.
A festa terá lugar en horario de 17 a 20h. na Alameda Carabela Pinta de Baiona.
Máis información na Concellería de Cultura do Concello de Baiona, 986385921.
