baiona.org



 

 

NOTICIAS

« Atrás

O Concello de Baiona e ACEBA suspende a V edición de " Sons do Casco" tras a entrada en vigor da restrición publicada pola Xunta de Galicia que limita a 10 os grupos de persoas

A Xunta de Galicia vén de publicar a Orde do 14 de Outubro de 2020 pola que se establece unha medida de prevención específica como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta orde ten efectos desde as 00:00 horas de hoxe. 
 
Po iso, o Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresario de Baiona decidiron suspender a V edición de“ Sons do Casco” tras a entrada en vigor de a restrición publicada pola Xunta de Galicia que limita a 10 os grupos de persoas. 
 
O Diario Oficial de Galicia recolle restricións ás agrupacións de persoas para a protección da saúde das persoas ante a existencia de risco de carácter transmisible. En concreto a medida recolle: “(...) limitar os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados a un máximo de dez persoas, (…)”
 
Como excepcións á orde figuran: ” excepto no caso de persoas conviventes, en que non se aplicará esta limitación. Tampouco serán aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento”. 
 
O Concello de Baiona, xunto coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona ( ACEBA), organizaron por quinto ano consecutivo o “ Sons do Casco” co obxectivo fundamental de dinamizar e desestacionalizar a oferta cultural e de lecer baionesa pero tras a entrada en vigor da orde viuse suspendido. Este roteiro musical que se ía a celebrar durante toda a fin de semana, 16, 17 e 18 de outubro, e traía consigo un programa repleto de música en directo na que participarían un total de 16 grupos musicais con diferentes estilos. 
 
 
As actuacións ían celebrar en cinco escenarios distintos situados na Praza do Concello, a Praza de Santa Liberata, a Alameda Carabela Pinta, na intersección da rúa Carabela Pinta e a Rúa Ciudad de Vigo e no parque de “ A Palma”. Uns escenarios alternativos aos de anteriores edicións debido ás medidas de seguridade que hai que seguir pola crise sanitaria do COVID-19 pero tras a entrada en vigor da restrición publicada pola Xunta de Galicia que limita a 10 vos grupos de persoas finalmente non vai poder celebrarse.
 
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, lamenta que o evento non se poida celebrar” É unha pena que non se poida celebrar esta V edición de “ Sons do Casco” con todo o traballo que hai detrás da súa programación e apenas a unhas horas de iniciarse. Pero debemos ser prudentes ante a evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 e tomar as medidas de prevención pertinentes”. Do mesmo xeito, o rexedor comprometeuse “A recuperar o evento cando a situación epidemiolóxica mellore xa que con iniciativas como estas queremos participar na reactivación económica do municipio. Queremos que non se perda o emprego, que nos se perdan negocios. Queremos axudar á hostalería e aos comerciantes baioneses. Desde o Concello tamén queremos agradecer o labor e o traballo que se fai desde a Asociaciación de Comerciantes e Empresarios de Baiona ( ACEBA) coa que organizamos esta atractiva programación para atraer xente a Baiona. Por todo iso, recuperaremos este evento ”, destaca o Alcalde, Carlos Gómez Prado. 
 
 
GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA
REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ, TÉCNICA DE COMUNICACIÓN gabinetedeprensa@baiona.gal

Portal de transparencia


Cidadania

 

Igualdade de xénero

Si eres empresa

Perfil do contratante

Te puede interesar

contador de visitas