baiona.org

Noticias

« Atrás

GALARDÓN DE CALIDADE TURÍSTICA PARA 26 ESTABLECEMENTOS DE BAIONA

 Superaron en decembro o Comité de Distinción del Sicted (Sistema Integral Calidade Turística en Destino)

O Concello e Turgalicia estrean este venres a nova Oficina de Turismo xa en marcha para A Arribada

               A nova Oficina de Turismo de Baiona estreada no día de hoxe (Paseo da Ribeira) cunha boa nova para o sector turístico despois de que un total de 26 establecementos da vila lograsen renovar o seu compromiso de calidade turística ao recibir a distinción Sicted que premia os servizos ofrecidos aos visitantes.

O pasado mes de decembro, o Comité de Distinción do Sicted (Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destino) concedeu a súa condecoración ao seguintes establecementos de Baiona: Apartamentos Ababides, Cafetería Cerchas, Casa do Marqués, Estación de Servicio Monte Real, Estelas, Hotel Anunciada, Hotel Arce, Hotel Pazo de Mendoza, Hotel Rompeolas, Hotel Tres Carabelas, Jamonería Jaqueyvi, Joyería Tula, Juan José Fontenla Alfaya (Taxi), La Crep, La Pedalería, Le Sept,  Luna Baiona, Mirador Ria de Bayona, Monte Real Club de Yates de Bayona, Oficina de Turismo de Baiona, Óptica Baiona,  Parador Nacional de Turismo Conde de Gondomar, Peluquería Belmer,  Policía Local de Baiona, Recuncho Mariñeiro e Restaurante Pedro Madruga.

De esta maneira, Baiona conta na actualidade con 41 establecementos e servizos distinguidos nun dos proxectos más ambiciosos del PICTE (Plan Integral de Calidade Turística Española), que proporciona un impulso da calidade do destino a nivel global.

A concelleira de Turismo, Beatriz González, valorou o esforzo e constancia das empresas locais adheridas ao Sicted pola súa implicación na mellora continua da calidade. “Lograr un destino singularizado pola calidade e o firme obxectivo de instaurar hábitos de funcionamento dentro da excelencia e a sustentabilidade é unha das prioridades do departamento”, apuntou Beatriz González.

Baiona xa foi designada o pasado mes de xaneiro de entre 202 candidatos como terceiro mellor destino turístico de España na convocatoria dos premios Sicted (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos), galardóns que concedeu a Secretaría de Estado de Turismo na Feira Internacional de Turismo en Madrid (Fitu) a través de Turespaña.

Os diplomas e placas que a Secretaría de Estado Turismo envía serán entregados en próximas datas a todas as empresas e servizos distinguidos para que poidan ser exhibidos en cada un dos establecementos.

 

compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)