baiona.org

Noticias

« Atrás

40 Escolares Baioneses participan no "Desayuno Saludable" organizado polo obradoiro de emprego "Terras do Miñor"

40 escolares baioneses participan no “Desayuno Saludable” organizado polo alumnado do VI Obradorio de emprego mancomunado “Terras do Miñor”. Trátase de alumnado dos colexios de Belesar e Sabarís. Esta mañá foi a quenda do Colexio de Belesar e o xoves tocaralles aos de Sabarís.

Os pequenos pasaron unha mañá divertida, diferente e moi nutritiva.

Os colexiais gozaron dunha charla informativa pola nutricionista Gloria Pérez. Tras a charla, os alumnos do obradorio serviron aos comensais un almorzo saudable variado. Con estes almorzos elaborados e servidos polos alumnos_traballadores do obradoiro, preténdese colaborar na sensibilización da adquisición de hábitos máis sans relacionados coa alimentación.

 

O Obradoiro que comezou o día 29 de setembro xa superou o ecuador do seu proxecto. A directora Marita Pintos manifesta a súa satisfacción pola marcha da actividade, o comedor social segue funcionando, está prevista ademais de almorzos con nenos e adultos, unha comida de San Valentín cos maiores do Val Miñor, e xornadas de portas abertas, con colexio s de educación especial e outra moi importante co empresariado da zona co obxectivo de dar a coñecer aos novos profesionais formados cara á súa contratación.

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA     

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org  

Final del formulario


 

compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)